luns, 21 de marzo de 2016

Rosalía de Castro

Ola a todos!

Durante este segundo trimestre, na asignatura de Lingua Castelá estivemos preparando unha presentación por grupos dun autor do século XIX. David, Pedro e mais eu decidimos facela sobre Rosalía de Castro, xa que era unha autora de que xa coñecíamos algúns datos da súa vida. Se queredes ver os traballos dos demais compañeiros déixovos aquí un enlace.

O traballo consistía en falar brevemente sobre o contexto histórico e literario da época, aportar os datos máis relevantes da súa vida e mencionar e explicar as obras máis importantes. A presentación había que expoñela na clase diante dos nosos compañeiros.

Espero que vos guste!



sábado, 12 de marzo de 2016

Imaxe 3D 3.0

Ola a todos!

Se recordades, a semana pasada publicamos a anterior entrada na que atopamos un problema ao intentar poñer o cristal na parte dianteira.

Solucionamos o problema debuxando un cadrado por diante e por detrás da parede frontal e coa ferramenta "pintar" pintamos ese cadrado cun cristal translúcido.

Xa solucionado o problema, o resultado foi o seguinte:










Por último, metimos o proxecto en Sketchfab para que o poidades ver en 3D. Tivemos algún problema con este programa online, xa que cos ordenadores da aula non puidemos acceder ao programa e tivémolo que facer dende a casa.




Este proxecto decidímolo facer voluntariamente e gustounos moito facelo, xa que se aprecia moito o resultado.

No próximo trimestre seguiremos facendo traballos voluntarios para informáticas relacionados coas figuras en 3D.

venres, 11 de marzo de 2016

Edición de son con Audacity

Ola a todos!

Esta é a última tarefa de informática deste trimestre e, como non, fixémola o último día a última hora. Tivemos sorte e David e mais eu non nos surxiu ningunha complicación maior. Fixémola en pouco tempo e pareceunos fácil.

Para facer esta tarefa, usamos un programa moi coñecido chamado Audacity. Este ano traballamos con este programa cando fixemos o Posdcast. Déixovos aquí un enlace á entrada do meu blogue para que poidades escoitalo se queredes.

Para gravar esta pista de audio, o noso profesor de infomática deixounos unha conversa entre un fareiro e un capitán de navío. Primeiro, comezamos gravando as voces, que fomos modificando debido as múltiples equivocacións que cometimos ao ler. Despois, buscamos un son de tormenta en Youtube para poñer de fondo. Despois buscamos sons dunha radio de frecuencia para que parecese máis real a conversa por radio. Por último, axustamos o volume de cada parte para que as voces se escoitasen por riba dos sons de tormenta e da radio.

Para podelo publicar no blog, subímolo a Soundcloud. Este é o resultado final.

Espero que vos guste!

domingo, 6 de marzo de 2016

Imaxe en 3D 2.0

Ola a todos!

Hoxe tráiovos a continuación do noso proxecto de Sketchup que estou facendo co meu compañeiro David Fernández. Se recordades, o último que fixemos foi debuxar as paredes coa ferramenta "liñas". Por se non lestes a primeira entrada podedes vela aquí.




O seguinte que fixemos foi levantar as paredes de tal forma que nos quedase así.



Despois de levantar as paredes, intentamos poñer un cristal na parte dianteira pero tivemos algúns problemas que non fumos capaces de resolver. Para a semana que vén a ver se o conseguimos.

Espero que vos guste!


Práctica transistores. Sensor de luz con relé (resposta dixital)

Ola a todos!

Déixovos aquí o meu traballo de tecnoloxía que fixen co meu compañeiro David Fernández. Despois de rematalo en drive como os anteriores informes de prácticas de tecnoloxía, este pasámolo a Calameo, que é un  programa online que resulta moi vistoso.

Espero que vos guste!

Tamén tiñamos que incluír unha simulación da montaxe no programa 123D circuits, pero o archivo non se podía insertar no documento, polo que volo deixamos aquí.




Por último, os dejamos aquí el vídeo explicativo de la práctica que está alojado en Google Drive.

Sensor de luz con respuesta digital