xoves, 26 de novembro de 2015

Peza SketchUp

Ola a todos!

Esta tarea fíxena coa miña parella de informática David Fernández. Consistía en reproducir unha figura de modelo (que nos deu o noso profesor Ángel) no SketchUp acotada. O SketchUp é un programa que permite realizar figuras en 3 dimensións.

Déixovos aquí un vídeo titorial que vos axudará a usalo.




A nós axudáronnos dous compañeiros que xa o tiñan feito. Despois de que nos explicaran algunhas cousas pareceunos fácil e conseguimos rematar a peza en pouco tempo.

Antes de usar o SketchUp comezamos sacando fotos das súas vistas (alzado, perfil e planta), xa que só poidemos ter un día a maqueta. A continuación debuxamos nunha folla en branco as súas vistas.

Alzado:

Móstranos como se ve o obxecto frontalmente. Débese escoller como alzado a vista que nos aporte máis información ou a que nos pareza que o describa mellor.
















Perfil:

Móstranos un dos dous lados da figura, neste caso, o dereito.












Planta:

Nela represéntase a parte superior do obxecto.














Ao representalas no papel é moi importante a súa colocación. Se queremos debuxar o perfil dereito debúxase á esquerda do alzado, pero se queremos representar o perfil esquerdo, este situaríase á dereita do alzado. A planta debúxase xusto debaixo do alzado.


























Despois disto creamos a nosa peza no SketchUp con axuda duns compañeiros, como xa dixen antes.

Primeiro creamos un cadrado (que é a base) de 120 milímetros de lado e elevámolo 30 mm. A continuación, seguimos coa parte superior. Custounos facer a rampa, pero o demais non tiña moita máis complicación.

Para rematar eliminamos as liñas que sobraban, pintámola e acotámola. Isto últimos non nos quedou moi ben, porque algunhas liñas pasan por encima da figura.

Para subila ao blog de cada un, buscamos o mellor ángula no que se vexan todas as acotacións e exportámola como imaxe, é dicir, en 2D.

O resultado final é este. Espero que vos guste!




Código QR

Ola a todos!

Esta tarefa consistía na creación dun código QR que enlazase ao noso propio blogue, como fixen eu, ou a lista de reprodución de YouTube ou SoundCloud dos traballos participantes no III Concurso Escolar de curtas e vídeos contra a violencia de xénero.

Para crealo axudeime dun xerador de códigos QR online co que me resultou moi rápido e fácil de usar, chamado UnitagQREste xerador de códigos QR ofréceche algunhas plantillas sobre as que podes crear o teu propio código. Tes unha infinidade de posibilidades: cambiarlle a cor, a forma, poñerlle un logotipo no interior...

De todas as opción das que dispoñía, eu decanteime por insertar unha imaxe de fondo e, sobre ela, diseñar a forma do meu código. Escollín unha foto do meu entrenador do C.B. Culleredo. Despois, modifiquei a forma do módulo e dos ollos para que quedase máis estético. Outra opción era insertar un logotipo no centro, pero non estaba menos valorado á hora de corrixir a tarefa.

Eu penso que esta tarefa axudounos a saber un pouco máis sobre os códigos QR que nos axudará nun futuro, xa que agora podemos atopar un código destes en moitos lugares.
QR Code


martes, 24 de novembro de 2015

Domótica


A domótica é o conxunto de técnicas orientadas a automatizar unha vivenda, que integran a tecnoloxía nos sistemas de xestión enerxética, climatización ou seguridade.


Casa-rural-domótica-680x504.jpg





Que podemos domotizar?

Iluminación

Control por Presenza:
A súa función é acender ou apagar a iluminación ao detectar movemento.

Medir a luz:
Regula a iluminación para garantir unha cantidade de luz establecido co sistema de domótica.

Programación Horaria:
A iluminación estar programada para ter un menor consumo de enerxía. Coa programación horaria pódese programar o control do apagado, aceso e regulación da iluminación coa domótica segundo a hora do día.

Control Manual:
O control manual da iluminación pódese realizar a través dunha gran variedade de interfaces: pulsadores de parede, mandos a distancia, Internet, por voz...



Clima

Sistema de control manual
Poderíase, desde casa ou desde a rúa, co móbil ou desde o computador, controlar a temperatura da nosa casa. Hai dispositivos que apagan o sistema de climatización cando se abre a xanela.

Control da climatización por zonas
Cun sistema de climatización por zonas pódese controlar o sistema de refrixeración ou o chan radiante. Tamén se pode integrar no sistema persianas e toldos motorizados, e mediante o control automático, obter unha climatización pasiva que lle permita suavizar os cambios de temperatura e así aforrar no seu consumo eléctrico.

Seguridade




Protección Exterior:
Estes sistemas de protección teñen a función de detectar presenza de movemento ou obxectos estraños nos arredores da vivenda. Algúns deles son:

Sensor de Movemento:
Ten a función de detectar un sinal físico, como un movemento de calquera obxecto ou persoa, a través dun sensor interno e en consecuencia prodúcese un sinal de saída.

Barreira de Raios infravermellos:
É un sistema de raios infravermellos. Este tipo de dispositivo serve para alertar ao usuario cando se produce algunha intrusión na área externa da vivenda.

Sensor de apertura por contactos magnéticos:
Consisten nuns contactos metálicos os cales se colocan por pares nas xanelas ou portas da vivenda. Estes dispositivos activaranse se a porta ou xanela son abertas. 

Protección Interior:
Este sistema protexeranos de perigos no interior da vivenda se o sistema exterior é penetrado ou se o perigo ocorre só dentro da vivenda.

Simulador de Presenza:
Este sistema encárgase de protexer o interior do fogar mediante un sistema configurado de aceso e apagado de todas as luces da vivenda, de tal maneira que se o propietario se atópase fóra, este sistema simulará a presenza de persoas dentro da vivenda.

Sistema de vixilancia CCTV (Circuíto Pechado de Televisión):
Este sistema consiste na utilización de videocámaras para documentar o que acontece dentro dun ambiente no día e, durante a noite, mediante videocámaras infravermellas.


Pero… ata onde pode chegar a domótica?

De forma individual, cada un destes produtos son xeniais. Son fáciles de configurar e usar. O problema chega cando incorporamos diferentes produtos de diferentes fabricantes.

Por exemplo, xunto ás nosas lámpadas intelixentes conectamos un sistema de vixilancia, unha pechadura intelixente e un termostato. A menos que pertenzan ao mesmo fabricante, imos atoparnos con situacións na que haberá que ir saltando de aplicación en aplicación para controlar cada un deles, polo que nos custará o mesmo traballo ou máis.

Opinión

A nós parécennos moi interesante poder controlar, por exemplo, as luces dunha casa mediante o móbil ou un mando a distancia sen estar na casa incluso. A domótica nas nosas vivendas pódenos resultar moi útil e fácil de usar, pero aínda non temos todos os recursos necesarios para que todas as persoas poidamos de gozar deles, xa que de momento, algúns aparellos son moi caros.

Cando "as casas intelixentes" se popularicen aparecerán aínda máis formas de aforrar esforzo e cartos que agora nos parecen inalcanzables e nun futuro serán do máis normal.


Fontes

xoves, 19 de novembro de 2015

Podcast #CulleredoPoloBoTrato

Ola a todos!

Hoxe tráiovos unha nova entrada e, como na última, é para a materia de informática e trata tamén sobre a violencia de xénero.

Nesta tarefa, tiñamos que realizar un audio relacionado co maltrato á muller. O meu compañeiro David e mais eu, decidimos compoñer unha poesía na que criticamos a violencia de xénero.

Este traballo mandáronnolo facer na honra ao Día Mundial Contra a Violencia de Xénero. Nós, desde o instituto, repudiamos absolutamente calquera tipo de acto relacionado coa violencia de xénero.

Para facer este traballo usamos un móbil para gravar o audio e para editalo usamos un programa chamada Audacity coa que lle engadimos a música (sen dereitos de autor) descargada dende Jamendo. Audacity pareceunos unha aplcacion fácil de usar e manexar.



Curta #CulleredoPoloBoTrato

Ola a todos!

Hoxe tráiovos un vídeo que fixen para a materia de informática que fala dun tema moi serio como é a VIOLENCIA DE XÉNERO.

Nesta tarefa tiñamos que realizar un vídeo relaccionado co maltrato cara á muller. Eu e mais o meu compañeiro David, inspirámonos nunha película que trata sobre a violencia de xénero: Te doy mis ojos.
  
Esta cóntanos como Pilar, a protagonista, sofre as violentas condutas do seu marido. Pero o problema non é só é que o maltratador abuse da muller, senón que tamén é culpa da nai que non axuda á súa filla.

Este traballo mandáronnolo facer en honra ao Día Mundial Contra a Violencia de Xénero. Cada ano morren moitas mulleres a mans dos seus propios maridos e pensamos que isto debe finalizar. Por isto, cada ano, fanse campañas en contra e tómanse medidas. Aos poucos, está a conseguirse pero aínda queda moito camiño por percorrer.

Para facer este vídeo, utilizamos unha aplicación de Google Drive: WeVideo. Esta aplicación é bastante útil, aínda que deixa marca de auga. En canto á tarefa, pareceunos fácil e algo longa, pero a súa finalidade meréceo.






domingo, 8 de novembro de 2015

Instalacións da vivenda

Ola a todos!

Nesta entrada vouvos explicar un pouco cómo funcionan algúns dos elementos da nosa vivenda. Para facer esta presentación usei Google Drive xa que me parece unha ferramenta moi útil para este tipo de traballos. Espero que vos axude!


sábado, 7 de novembro de 2015

#CulleredoPoloBoTrato

Ola a todos!

Nesta entrada vouvos falar sobre a violencia de xénero, xa que o 25 de novembro é o Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller.

Este tarea consistía en crear unha frase propia contra o maltrato á muller e acompañala dunha imaxe de fondo que a atopei nesta páxina. Para facelo, axudeime de "Pablo by Buffer" unha ferramenta moi útil e sinxela de usar para crear este tipo traballos.

Cada ano en España, morren mulleres por culpa da violencia de xénero. Aínda que o número de mortes baixa, segue sendo moi alto, de 76 en 2008 a 41 o ano pasado, das que soamente denunciaron 7.



martes, 3 de novembro de 2015

Arquitectura bioclimática

A arquitectura bioclimática é aquela que consiste en deseñar edificios tendo en conta as condicións climáticas, aproveitando os recursos dispoñibles (sol, vexetación, choiva, vento) para diminuír os impactos ambientais, tentando reducir os consumos de enerxía.






As vivendas bioclimáticas usan materiais propios da natureza e aforran máis dun 60% máis que unha vivenda normal. Aínda que o custo de construción pode ser maior, pode ser rendible, xa que o incremento do prezo inicial pode chegar a amortizarse no tempo ao diminuírse os custos de operación.

Para que as vivendas bioclimáticas saian adiante, deben cumprirse uns factores que son os seguintes:

- A localización. Para aproveitar o microclima e a vexetación.
- A orientación. Para captar ben a luz solar.
- Os materiais de construción. Os da rexión, para ser fáciles de obter e máis baratos.
- A forma do edifico e distribución dos seus ocos. Para gañar calor no inverno e reducila no verán.
- A cor das paredes e teitos. Contribúen a refrixerar a vivenda.
- Elementos exteriores e complementarios. Poden ser pantallas de vexetación e pérgolas, toldos, persianas fixas e móbiles, etc.




Na nosa opinión, as vivendas bioclimáticas son moi útiles debido a que benefician no medio ambiente e fanche aforrar bastante diñeiro mensualmente. Na actualidade aínda non son moi habituais pero, co tempo, terán máis importancia e serán mais cotiás

Para acabar, deixámosvos un vídeo da aula Virtual de Tecnoloxía de 4º do IESEBA no que vos explican que é unha vivenda bioclimática e todas as súas curiosidades.

Fontes