mércores, 12 de outubro de 2016

Sistemas Operativos

Ola a todos!

Esta é primeira entrada de TIC deste curso 2016-2017. Esta tarefa consiste en crear un planing semanal dun traballo que temos que entregar e expoñer a finais de novembro (a exposición do traballo será o 24 ou 28 de novembro ou o 1 de decembro, de momento non está fixada). Trátase dun traballo sobre os diferentes tipos de Sistemas Operativos que realizarei con Sara e Xaime.


  • Planificación semanal


Ata a data da exposición contamos con 6 semanas para realizar o traballo.


  • 1ª y 2ª semana


Durante as dúas primeiras semanas buscaremos información que iremos organizando nun documento de Google Drive.


  • 3ª y 4ª semana

Despois de buscar toda a información, durante a terceira e cuarta semana, empezaremos a redactar o documento que se podería estender uns días máis, xa que cremos que será a parte máis difícil e laboriosa do proxecto.


  • 5ª y 6ª semana


As dúas últimas semanas formularemos as preguntas de exame nun formulario de Google e adaptaremos a información buscada á presentación. Se expoñemos a semana do 24 de novembro ao 2 de decembro contaremos cunha semana extra na que poderemos perfeccionar o traballo e facer a infografía coas normas APA.





Se algunha tarefa lévanos menos tempo do previsto tentaremos adiantar o traballo todo o posible, para deixar as semanas de exames máis liberadas. Para realizar a infografía usaremos Piktochart, xa que o ano pasado fixen unha con este programa (podedes vela neste enlace). Pero tamén podemos probar outras aplicacións diferentes como Canva, Infogr.am ou Mural.


  • Posible reparto de tarefas

Para a investigación repartiremos o tema en tres partes iguais. Por exemplo:

Sara encárgase da importancia, historia, características e familia de sistemas operativos.

Antón pódese encargar das  aplicacións informáticas, a xestión de aplicacións, instalar varios sistemas operativos e a parte de usuarios e permisos.

Xaime centrarase en cada sistema operativo que Sara mencione (Windows, Android, Linux, MAC OS...)

Despois, para redactalo tentarémolo facer entre os tres do mesmo xeito que as preguntas para o exame. Desta maneira os tres tocaremos todos os puntos do traballo e coñeceremos o tema practicamente por igual. Para pasalo á presentación volveremos dividir en tres partes iguais.


  • Ferramentas a usar


As ferramentas que usaremos para realizar este traballo serán:

 -Google Drive: Utilizaremos tanto Google Docs, que é a ferramenta que estamos a utilizar agora mesmo para facer este borrador, como Google Presentacións, que será seguramente o formato no que estará a presentación que expoñeremos en clase. 
A principal razón pola que usaremos Drive é a comodidade que ofrece á hora de traballar todos xuntos cada un desde un lugar diferente.

 -LibreOffice: Quizais usemos esta ferramenta para redactar o documento, xa que a pesar de non ter esa vantaxe do traballo en grupo ofrece outra opcións que non ten Google Docs.


  • Ferramentas de comunicación entre os participantes

Para comunicarnos entre nós usaremos principalmente WhatsApp, xa que ao telo no móbil poderémonos comunicar practicamente en calquera momento e estemos onde estemos. Iso si, cando traballemos dúas ou tres persoas no ordenador o máis probable é que utilicemos Skype ou Google Hangouts, xa que comunicarse por videochamada ou por un chat no propio ordenador é moito máis cómodo que ter que estar mirando o móbil constantemente.