mércores, 20 de abril de 2016

Proxecto 2: Scratch

Ola a todos!

Como xa vos dixen na primeira entrada do proxecto, neste trimestre, en informática podemos traballar co que nos queiramos. David e mais eu, decidimos investigar un pouco sobre Scratch, que é unha plataforma online para crear animacións, historias interactivas e xogos. Este programa é moi útil e ademais ten moitas vantaxes. Ti podes crear un xogo a partir do que fixo outro usuario soamente mencionándoo. Grazas a isto, podes buscar algunhas ideas e, se che gusta un xogo ou unha animación que fixo outra persoa, podes mirar como o fixo e melloralo.

A semana pasada fixemos un labirinto bastante básico que consistía en ir movendo o personaxe sen tocar as paredes do labirinto. Durante estes día fomos mellorándoo. Primeiro, fixemos un segundo labirinto que aparecese ao pasar o anterior como se fose o nivel 2. Despois, púxemoslle 3 vidas, de maneira que se tocas tres veces unha parede perdeses e aparecese outro fondo. Tamén fixemos que ao pasar o segundo labirinto aparecese un fondo que puxese "Gañador". Ángel, o noso profesor, díxonos que lle metésemos algunha cousa máis e pensamos en crear unha figura que se movese aleatoriamente polo labirinto de maneira que, se o gato a tocase perdese unha vida (isto foi o que máis tempo nos levou porque tivemos que cambiar a cor das paredes do labirinto porque a figura que queríamos poñer era negra).

Se queredes ver máis detalladamente como o fixemos deixovos o enlace ao xogo en Scratch, e por se queredes ver os xogos do meu compañeiro podedes velos se pinchades aquí.

Este é o resultado final, espero que vos guste!





martes, 12 de abril de 2016

Sistema de aviso de perigo nunha atracción de feria con pulsadores

Ola a todos!

Esta semana fixemos unhas prácticas no taller de tecnoloxía con portas lóxicas para simular un sistema de aviso de perigo nunha atracción de feria. Este traballo fíxeno co meu compañeiro David Fernández. Ao rematalo insertámolo en Calaméo, que como xa vos dixen no anterior informe, é un programa online moi útil.

Neste informe usamos un programa novo en lugar do Fritzing, que serve para montar circuitos sobre a placa prototipos: Simulador de construción de circuitos dixitais.




Para completar este informe tiñamos que grabar un vídeo explicativo de curta duración onde se poidese apreciar o funcionamento do circuito.

Tamén tiñamos que montar o circuito en 123D Circuits, que é un programa online no que tamén se pode simular o circuito.


xoves, 7 de abril de 2016

Empezando con Scatch...

Ola a todos!

Neste terceiro trimestre, en informática, podemos traballar sobre o que máis nos guste. O meu compañeiro David e mais eu decidimos traballar con Scratch durante toda a avaliación. Aínda que o ano pasado xa nos propuxeran traballar con este programa, non chegamos nunca a facer nada serio.

Para comezar, empezamos facendo un xogo simple para melloralo nun futuro. Foi sinxelo facelo, xa que nos axudamos dun videotitorial en Youtube que nos pareceu moi bo aínda que esta en inglés. Primeiro entramos en Invent with Scratch para buscar un laberinto sobre o que facer o xogo. A continuación, escollimos que personaxe queríamos que se desplazase polo labirinto. Despois, introducimos un código para que o gato se desplazase ao pulsar as frechas e, se tocase unha parede, volvese ao inicio. Para rematar, escollimos un son e unha frase para que aparezan ao chegar ao final do labirinto.

Este novo sistema de avaliación da terceira avaliación parécenos moito máis cómodo e divertido, xa que ti podes escoller o que queres facer (a partir dunhas ideas que nos propón Ángel, o noso profe).

Déixovos aquí o enlace ao xogo en Scratch.

Espero que vos guste!