domingo, 21 de maio de 2017

Concurso: Cómete Culleredo

Ola a todos!

Despois de crear Cómete Culleredo o trimestre pasado xunto con Antía, Laura e Xaime, presentóusenos a opción de mandar a App a concurso (podedes ver en entradas anteriores o proceso creativo e o proceso técnico). Para poder enviala, tivémola que traducir ao galego e crear unha presentación na que se explicase o funcionamento da aplicación mediante capturas. Na presentación tamén se pedían capturas da interfaz gráfica de App Inventor e o .APK da aplicación. En lugar de aportar únicamente as capturas, fixemos un vídeo no que se explica brevemente como se manexa a aplicación. 





O vídeo levounos máis tempo do que pensabamos. Tivemos que pensar que dicir e como dicilo, que ás veces é case tan importante como o primeiro. Aínda así, tivemos que gravalo varias veces debido ós erros cometidos.

A nosa aplicación foi creada co propósito de fomentar o turismo, a gastronomía e a cultura en Culleredo, a nosa localidade, á vez que nos formamos como programadores. Polo momento, o seu uso é únicamente educativo. Déixovos aquí a presentación que enviaremos a concurso nos próximos días.





Gustaríanos seguir mellorando algúns aspectos da nosa aplicación, xa que polo momento só responde ás necesidades máis básicas. Ao mellor, probala con outro programa ou invertir máis tempo con App Inventor poderían ser dúas opcións viables.

Un saúdo.

sábado, 13 de maio de 2017

Diseñando en 3D

Ola a todos!

Despois de estar traballando con App Inventor na segunda avaliación de TIC, comezamos a deseñar pezas en 3D para imprimilas logo na impresora do instituto. O traballo consistía en escoller unha peza escollida do seguinte repositorio de Pedro Landín en SketchUp 3D Warehouse que encaixe nun cubo de 4 x 4 cm e representala posteriormente con catro progrmas diferentes e facer unha valoración de cada un: SketchUp (enlace para descargar), que xa o usei o ano pasado; Openscad (enlace para descargar); Tinkercad (online); e Blockscad (online). Eu decidín crear a seguinte figura.




SketchUp


SketchUp é un programa offline, gratuíto ou de pago, de deseño gráfico. Existe unha versión recente online my.SketchUp, similar á versión gratuíta offline. Dende a miña opinión, é bastante sinxelo de manexar, do que hai moitos titoriais que poden facilitar a aprendizaxe. Como xa usara SketchUp o ano pasado, apenas me levou tempo e non tiven ningún problema.





SketchUp conta con unha galería de modelos libres de dereitos de autor, 3D Warehouse, á que poden contribuír os usuarios. Ademais, conta con moitas extensións que se poden descargar e instalar facilmente dende o propio programa cunha conexión a Internet que permiten a exportación e importación de arquivos stl, a exportación de imaxes xa retocadas e dende unha vista concreta, realizar distintos tipos de curvas adicionais que non veñen con programa orixinal...

Este progroma pareceume máis intuitivo que os demais, polo que se aprende rápidamente case sen axuda. Pero creo que á súa vez, dos catro, é o programa que máis se complica a medida que se fan figuras máis completas.

Para a asignatura de Robótica tamén estamos traballando con modelos en 3D. Temos que buscar unha pinza xa deseñada por outros usuarios aloxada en Thingiverse e adaptala as medidas que necesitamos para encaixala nun robot. O único programa dos catro que nos permite modificar o deseño é SketchUp. Pero para iso cómpre intalar unha extensión dende Extension Warehouse que permita exportar e importar arquivos STL. Déixovos un titorial que me gustou e me axudou.


Openscad

Openscad é unha aplicación de software libre offline para deseñar obxectos 3D. A súa descarga é rápida e non é un programa pesado.

A diferencia dos demais programas, este funciona mediante un código que lle ten que introducir o modelador. As pezas créanse a partir das formas básicas: cubos, cilindros, esferas... que se van combinando mediante diferencias, interseccións... A medida que vas creando a túa peza pódela ir vendo dende diferentes perspectivas, igual que noutros programas.


O diseño da peza con este programa foi o máis difícil. Para aprender a manexarme con el tiven que ver unha lista de reprodución de titoriais de Openscad en Youtube. Os vídeos parecéronme moi bos e recoméndollos a todo o mundo que queira empezar a deseñar en 3D con este programa. Aínda así, tiven máis problemas debido ás diferentes maneiras de ver a peza.

Coa previsualización (F5), podes ver a figura en 3D, pero non é completa, é dicir, non se ven as pezas tal é como son, se non que vemos unha vista previa. As pezas en 2D, as rampas ou outro tipo de formas, non se ven representadas.



Botón F5

Previsualización

Coa renderización (F6), a figura vese completa, é dicir, tal e como sería na realidade. Deste xeito as rampas ou as figuras en 2D xa se verían representados.

Botón F6


Vista renderizada

Eu, nun principio, non distinguía entre estas dúas funcións e non era capaz de crear as rampas. Buscando cal podería ser o problema probei a renderizar a figura e conseguín rematala.

Openscad gustoume só que me pareceu moi traballoso, debido a que hai que escribir constantemente. Existen parámetros e módulos cos que o código se simplifica e resulta menos lioso, pero eu non os usei xa que non me parecían necesarios ao non ser unha figura moi complexa.

Código da figura
Xa que Openscad non permite editar arquivos .STL, podedes descargar o arquivo .SCAD dende este enlace.


Blockscad

Blockscad é un programa online que ten un funcionamento similar a Scratch, xa que os dous se basan na programación por bloques. Igual que Openscad, resulta un pouco máis complicado aprender a construír figuras con él, pero acaba sendo bastante intuitivo. Openscad e Blockscad parécense bastante e as cousas que aprendes nun axúdanche no outro, xa que as ordes son practicamente as mesmas. O programa conta cun titorial para empezar e cunhas figuras a modo de exemplo.



O máis complicado foi facer as rampas, pero unha vez que se entenden as ordes básicas do programa resulta doado.

Blockscad gustoume bastante e foi o que máis simple me pareceu de manexar. Quizais, axudoume ter traballado anteriormente con Scratch, que como dixen antes, parécense moito. Un dos problemas que pode que dificulten a elaboración das figuras pode ser o idioma, xa que só está en inglés, francés, esloveno, alemán e chino. Sen embargo, a simpleza da interfaz solventa esta mínima dificultade.

Interfaz de Blockscad:



1. Menú principal de Blockscad. Barra de menús desde a cal poderemos abrir novos proxectos, gardalos ou importalos desde o noso computador, ou acceder a exemplos, entre outras opcións. Dende esta parte tamén se pode simplificar o menú dos bloques ou acceder aos exemplos e ao titorial. Se tes conta ou queres crear unha, á dereita da pantalla tes as opcións para acceder/crear conta.

2. Menú do Proxecto. Á dereita, xusto encima da xanela de visualización, temos a opción de elixir se queremos visualizar bloques ou código de Openscad. Esta opción permite pasar os proxectos de Blockscad a Openscad copiando e pegando o código. Á esquerda do menú temos opcións básicas para dar nome ao noso proxecto, ir un paso atrás ou adiante no proceso de deseño e baleirar o noso proxecto.

3. Menú de bloques. Menú que contén os diferentes bloques que tes á túa disposición (na imaxe non está simplificado).

4. Pantalla de deseño. Neste espazo en branco será onde iremos colocando e combinando os bloques para construír a nosa figura. 

5. Xanela de visualización. Xanela na que temos un espazo representado en perspectiva onde poderemos ver o resultado do renderizado ou compilado do noso deseño. Cando pulsemos o botón "Render", Blockscad pasará por cada bloque efectuando os cambios ou construcións que se definen no mesmo e proxectándoas na xanela. Nesta xanela, unha vez teñamos a visualización do noso modelo poderemos exportalo a STL pulsando sobre o botón "Generate STL" que aparecerá ao renderizar.

Debido a que Blockscad non permite editar arquivos .STL, podedes descargar os bloques que compoñen a figura dende este enlace, para importalos a Blockscad e poder editar o modelo. O arquivo é .XML, polo que se visualiza como un código, pero para importalo a Blockscad débese descargar previamente.


Tinkercad

Tinkercad é un programa online bastante diferente aos anteriores creado por Autodesk. Nel non se traballa con código nin debuxando liñas, se non modelando as figuras básicas (cubos, cilindros, prirámides, cuñas...) das que se crean as pezas. Dos catro, pareceume o máis difícil de manexar e un tanto incómodo, xa que unha vez creadas as pezas nas que se divide a miña figura, non me resultou doado xuntalas (as medidas modifícanse sen querer facilmente, hai que cambiar o plano sobre o que se traballa para xuntar as pezas...).



Para aprender tiven que ver unha lista de reprodución de titoriais. A excepción dalgunhas pequenas complicacións non me supuxo moitos problemas e remateino rapidamente. Ademais, Tinkercad conta cuns titorias axudan a controlar o básico para empezar a usar o programa.



Despois de rematar a figura seguín aprendendo e investigando para coñecer o programa un pouco máis e atopei máis funcións que me gustaron moito. Pareceume moi útil para adentrarse no mundo da programación aínda que require un certo coñecemento sobre o seu funcionamento para aproveitalo ao 100%. Eu vouvos resumir brevemente a súa estrutura.



1. Menú principal de Tinkercad. Barra desde onde accedes ao teu perfil ou aos teus deseños, cambias o modo de visualización e creas novas formas para usalas nos teus proxectos. Tinkercad permite traballar a varias persoas no mesmo proxecto. Esta función pode ser unha vantaxe moi importante para facer traballos en grupo e que non ofrecen os demais programas. Soamente habería que copiar un enlace e compartilo por correo á persoa ou persoas que queiras que poidan ver ou editar o teu modelo.

2. Menú do proxecto. Desde aquí podes copiar, pegar, duplicar ou eliminar figuras do teu modelo; avanzar ou retroceder no proceso de creación; e agrupar, desagrupar, aliñar ou invertir pezas para combinalas e crear formas novas. Tamén podes exportar o proxecto ou unha parte del en formato .STL, .OBJ ou .SVG (en 2D) ou importar algún proxecto deste tipo.

3. Ángulo de visualización do modelo. Permite cambiar o punto de vista do modelo.

4. Plano de traballo. As pezas créanse e edítanse sobre él.

5. Regra e Plano de traballo. Estas dúas ferramentas axudan a crear modelos con precisión. A Regra mostra as medidas das pezas. O Plano de traballo permite alterar a base sobre a que se crean as figuras e poñela sobre un modelo. É moi útil para xuntar pezas, por exemplo.

6. Menú de pezas. Todas as pezas (formas básicas, símbolos, texto, conectores...) escóllense desde aquí. Tamén podes crear as túas propias pezas.

Unha vez finalizada a peza nas catro plataformas descargueina en formato .STL para imprimila algún día destas semanas en 3D. Se queredes descargala déixovos aquí o enlace.


Thingiverse

Como xa dixen anteriormente, existen lugares na nube na que se aloxan modelos en 3D de onde se poden descargar. Un deles é Thingiverse, que contén modelos en formato .STL. Thingiverse non só contén o modelo para descargar, se non que permite subir vídeos do seu funcionamento, publicar comentarios, reelaboracións...  Eu descarguei un modelo e editeino con SketchUp.

Primeiro entraríamos na páxina principal de Thingiverse dende onde podemos rexistrarnos ou iniciar sesión cunha conta (non é necesario para descargar un arquivo), buscar obxectos, explorar modelos...


Unha vez en Thingiverse, buscamos o obxecto que queiramos, no meu caso, busquei un que me gustou que atopei na opción de explorar. Tras realizar a búsqueda, aparecerannos modelos relacionados co que buscamos. Escollemos o que máis nos guste e o que mellor se adapte ao que nós queremos. No apartado de Explorar podes seleccionar a orde na que queres que aparezan os modelos (máis recente, máis popular, remixes...)

Explorar
Resultado dunha búsqueda

Unha vez escollido o modelo, podemos descargar directamente todos os arquivos que o forman (pódense descargar tamén algunhas instruccións que deixe o creador) ou descargalos individualmente. Debaixo da foto principal atopamos un menú no que o creador aporta máis fotos do proxecto e algún vídeo no que se vexa o se funcionamento. Tamén atoparemos reelaboracións, coleccións similares e comentarios dos que descargaron e imprimiron en 3D o modelo.


Se queremos descargar os arquivos individualmente para ir examinándoos e editándoos (recomendado xa que as medidas normalmente son moi pequenas) debemos clicar en Thing Files e volver a clicar sobre un dos arquivos. Este descargarase automáticamente.



Para abrilo debemos contar con un programa como 3D builder, aínda que poderíamos abrilo con calquer programa de edición en 3D.



Se queremos editalo debemos abrilo en SketchUp. Previamente, temos que ter descargado a extensión que permite importar e exportar arquivos STL. Para iso, entramos en SketchUp e abrimos Extension Warehouse.


Unha vez aberto, buscamos SketchUp STL, que é a extensión que nos permitirá abrir os arquivos descargados desde Thingiverse, é dicir, arquivos .STL.


Ao descargala, pediranos que nos rexistremos ou iniciemos sesión con Trimble, aínda que non é necesario xa que permite tamén iniciar sesión coa nosa conta de Google. Ao realizar isto, descargarase automáticamente. Logo da descarga é necesaria a súa instalación. 



Unha vez instalado, podemos importar os nosos arquivos .STL. Para editalo debemos clicar co botón dereito sobre él e seleccionar a opción de "editar grupo".


Tras unhas pequenas variacións o resultado foi o seguinte. Se o queredes descargar déixovos o enlace do modelo orixinal e da miña reelaboración.


Espero que vos gustara e vos resultase de axuda.

Un saúdo.