sábado, 31 de outubro de 2015

"Eu de maior quero ser..."

Ola a todos!

Ángel Acción, o noso profesor de informática, propúxonos que fixésemos unha presentación para pensarmos no noso futuro e isto é o resultado da miña reflexión.

Antes de empezar este traballo non pensara nunca no que ía ser de maior. Como non o tiña claro, busquei un test para que me axudase na elección. Non sei se os tests son eficaces pero aquel indicoume que a miña profesión podía ser enxeñeiro informático. E púxenme a investigar.

Ao principio estaba un pouco perdido porque non sabía por onde empezar. Pedín axuda aos meus pais e explicáronme os itinerarios do bacharelato. Aconselláronme que visitase a páxina da universidade. Alí atopei moita información que me serviu de moita axuda. Puiden atopar todo o necesario: desde a a configuración das probas da Selectividade, as materias que poderaban, as notas de corte, o acceso a facultade de informática das universidades galegas, ou a información sobre as residencias para estudantes en Santiago.

A miña investigación fíxome ver no futuro se van necesitar moitos informáticos polo que esta carreira terá probablemente moitas saídas. Ademais puiden comprobar que na maioría dos casos está ben pagada. Non obstante, non é unha carreira fácil. O numéro de abandonos nos primeiros anos é bastante alto pola dificultade das materias.

A principal dificultade que atopei foi seleccionar a información e distribuíla ao longo das diapositivas. Outro problema foi o tempo que me ocupou. Pensaba que podía rematalo nun día pero ao final levoume varios días.

Esta actividade pareceume moi útil para os alumnos. Se non fora por ela, non me tería planteado aínda cal podería ser a miña profesión. Debería ser unha actividade obrigatoria para todos os estudantes da miña idade.



luns, 12 de outubro de 2015

Recibos o facturas de los suministros

Ola a todos!
Nesta entrada vou publicar un traballo que fixen para tecnoloxía. A tarea consiste en crear unha entrada con fotos dos teus recibos de electricidade, auga, comunicacións e gas. Para facer editar as fotos e eliminar os datos persoais usei un programa que nos recomendou o noso profesor Gumersindo: 
Skitch.

Electricidade

Na primeira carilla aparecen os seguintes campos. Os datos da factura, a evolución de consumo e o resume da facturación, que veremos ampliada na segunda carilla.

- Datos da factura:
- Periodo de facturación: 10/06/2015 - 09/07/2015


- Evolución de consumo:
- Consumo medio diario en este último periodo: 1,58 €
- Consumo medio diario nos últimos 14 meses: 1,78 €

- Resume de facturación:
- Importe por coste de enerxía: 37,20 €
- Importe por servicios e outros conceptos: 0,81 €
- Importe por IVE: 7,98 €

- Importe total: 45,99 €

Na segunda carilla aparecen a facturación e a enerxía consumida máis detallados:

Facturación

- Enerxía:

  • Potencia facturada: 3,3 kW x 29 días x 0,1183 €/kW día = 11,33 €
  • Enerxía Facturada: 184 kW x 0,130782 €/kWh = 24,06
  • Imposto sobre a electricidade: 5,11269632% s/35,39 € = 1,82 €
Enerxía total = 37,20 €

- Servicios e outros conceptos:
  • Alquiler equipos de medida = 0,81 €
Total servicios e outros conceptos = 0,81 €

- Importe total = 38,01 €
- IVE: 21% s/38,01 € = 7,98 €
Total importe de factura = 45,99 €


Consumo

- Lectura actual: real = 5202 kWh realizada o 09/07/2015
- Lectura anterior: real = 5018 kWh realizada o 10/06/2015
- Consumo total = 184 kWh do 10/06/2015 ao 09/07/2015

Tamén indica a potencia contratada (3,3 kW) e a peaxe de acceso á rede (2.0 A.)

Auga

No recibo da auga podemos ver os datos da factura (referidos ao terceiro trimestre de 2015), as lecturas e consumos e a factura. Nesta factura tamén se inclúen os residuos sólidos urbanos, pero nesta entrada non os imos ter en conta.

Lecturas e consumos

- Lectura anterior 30/04/2015 = 2312 l

- Lectura actual 31/07/2015 = 2345 l
- Consumo rexistrado = 33 l

- Volumen consumido REAL = 33 l

Factura
    
- Suministro de auga: !9,48 + 1,94 (IVE) = 21,42 €
- Depuración: 9,24 €
- Saneamento: 9,35 + 0,94 (IVE) = 10,29 €
- Mantemento de contador: 1,02 + 0,21 (IVE) = 1,23 €
- Canon: 8,97 €
- Total da factura: 41,06 + 3,09 (IVE) = 44,15 €

Comunicacións

O recibo das comunicacións é bastante sinxelo. Podemos ver que no meu caso conta con:


Combo R
  • Teléfono fixo: Combo 20: minutos gratis ilimitados, tanto a móbilesR como a calquera outro móbil = 44,90 €
  • Teléfonos móbiles (2): 
    • Tarifa plana 24 horas 200 minutos gratis = 19,00 €
    • Tarifa mini-internet = 9,00 €
Consumos
  • Chamadas fixo + chamadas móbiles = 10,5599 €
Descontos
  • Teléfono fixo + móbiles = 25,0949
IVE = 58,3649 x 21% = 12,2566 €
Importe total a pagar = 58,3649 + 12,2566 = 70,62 €



Gas

O recibo de gas é moi parecido ao de electricidade, xa que é a mesma compañía. A primeira carilla conta cos seguintes campos:

- Datos da facura:
- Periodo de facturación: 30/05/2015 - 31/07/2015

- Evolución de consumo:
- Consumo medio diario neste último periodo facturado = 0,99 €
- Consumo medio diario nos últimos 12 meses = 1,35 €

- Resume de facturación:
- Enerxía = 32,53 €
- Servicios e outros conceptos = 18,25 €
- IVE 21% s/50,78 € = 10,66 €

- Importe total = 61,44 €

A segunda carilla infórmanos sobre campos máis detallados:

- Datos relacionados co suministro
- Peaxe de acceso á rede: TARIFA DE PEAXE 3.1

- Facturación detallada
  • Enerxía:
    • Término fixo mensual: 2,065 meses x 4,67 €/mes = 9,64 €
    • Enerxía facturada: 358,42 x 0,061511 €/kWh = 22,05 €
    • Imposto sobre o gas natural: 358,42 x 0,00234 €/kWh = 0,84 €
Enerxía total = 32,53 €
  • Servicios e outros conceptos:
    • Alquiler equipos de medida = 2,58 €
    • Servicio de mantemento de gas: 2, 065 meses x 7,59 €/mes = 15,67 €
Total a pagar = 18,25 €

Importe total = 50,78 €
IVE: 21% s/50,78 € = 10,66 €
Total importe factura = 61,44 €

- Consumo detallado
  • Lectura actual: real 7,755 metros cúbicos 31/07/2015
  • Lectura anterior: real 7,724 metros cúbicos 30/05/2015
Consumo en metros cúbicos: real = 31 metros cúbicos
  • Factor de corrección x 1,00000
  • Poder Calorífico superior x 11,5620
Consumo kWh: real = 358,42 kWh


Medidas de aforro enerxético

Para aforrar máis auga, gas, electricidade e calefacción nas nosas casas, debemos cambiar algúns malos hábitos que nos poden prexudicar economicamente. Pero tamén pode axudarnos a gastar menos o feito de instalar unha serie de dispositivos que se poden adoptar na vivenda para que o noso consumo mensual de auga, gas, electricidade e calefacción descenda considerablemente.


Auga

Aforrar auga nas nosas casas é moi importante, xa que a auga doce é escasa na Terra, só o equivalente ao 3% da auga total no planeta e dese 3%, un 79% está conxelada e un 20% está no subsolo.
Agua 1.jpg




Como dixemos antes, non só para aforrar auga debemos cambiar algúns dos nosos hábitos, se non que tamén existe unha serie de dispositivos que que nos axudan a reducir o noso consumo de auga.


-Hábitos que podemos cambiar para aforrar auga


  • Ducharse en lugar de bañarse. Se nos duchamos podemos chegar a gastar 6 veces menos en auga que se nos bañamos.
  • Non desconxelar alimentos no fregadeiro. Podemos chegar a aforrar ata 22 litros se desconxelamos os alimentos na neveira.
  • Usar el lavavaixelas. Se usamos o lavavaixelas en vez de lavar a man con agua quente pode saírnos ata un 60% cun lavavaixelas moderno.
  • Non deixar a billa aberto mentres se frega a man. Se fregamos a man, debemos deixar os pratos a remollo nun recipiente en lugar de ter a billa aberta.
  • Usar el lavavaixelas e a lavadora só coa carga completa. Debemos esperar a que o lavavaixelas e a lavadora se usen coa súa máxima capacidade e con cilclos máis curtos.


-Dispositivos para aforrar auga


  • Billas monomando. Este tipo de billa non permite o goteo y reduce o gasto de agua xa que é máis fácil axustar a temperatura.
  • Limitador de caudal. Colócanse ao final do latiguiño flexible de maneira que estrita o caudal da auga para que pase menos cara á billa e pode reducir ata un 30%. Nalgunhas vivendas xa vén instalado.
  • Billa con aireador. Colócase na boca da billa. Posee un filtro, que ao chocar a agua, esta rompe dá a impresión de que sae un maior caudal de auga. Pódese aforrar entre un 30% e un 60%.
  • Billa termostática. Esta billa mesturadora proporciona unha temperatura óptima sin ter que esperar e é constante.
  • Válvula reguladora de caudal. É similar aos limitadores de caudal, só que estes axustanse automaticamente aos cambios de presión. Poden contar cunha boquilla redutora de aspersión limitando o paso da auga conseguindo unha maior presión.
  • O botón do inodoro. Existen botóns cunha dobre función de tal maneira que ao presionar un saen 9 litros e ao presionar o outro saen 3 litros. É moi importante usalos ben.
f3.jpe

Reutilización da auga da chuvia


Outra maneira de aforrar auga é a utilización da auga da chuvia. Por iso, é importante coñecer as precipitacións da zona e a superficie na que recollemos a auga. O tellado é o lugar máis adecuado para recoller a auga.

-Pasos


  1. A auga recóllese do tellado mediante unha tubería simple que guía a agua ata o sistema de almacenamento.
  2. Recóllese a auga do tellado mediante unha tubaxe simple que guía a auga ata o sistema de almacenamento.
  3. Un filtro encárgase de separar a auga sucia e a auga limpa. A sucia únese ao sistema de desaugadoiro da vivenda e a auga limpa.
  4. O lugar ideal para o tanque de almacenamento é baixo terra para evitar luz e calor que producen bacterias. Se o tanque se chea debe ter un sistema de aspiración flotante que é o encargado de retirar a auga limpa. Se o tanque se chea debe ter un rebosadero que se une ao sistema de desaugadoiro da vivenda.
  5. Unha bomba e un dispositivo de control, que dirixen e automatizan todo o circuíto, encárganse de distribuír a auga pluvial por toda a vivenda.
  6. Desta maneira reutilízase a auga pluvial para tarefas que non necesitan auga potable como o inodoro, o xardín...

Gas


Para aforrar gas na nosa vivenda debemos tomar unha serie de medidas que tamén nos serán rendibles economicamente a longo prazo. Pódese reducir o consumo de gas con: paneis solares térmicos, caldeiras de biomasa, caldeiras de condensación, mediante a aerotermia e a geotermia.

-Paneis solares térmicos


Os paneis solares térmicos aproveitan a enerxía do Sol para xerar calor para producir ACS, climatización de piscinas... É ideal en vivendas unifamiliares e edificios de vivendas.
Algunhas das vantaxes en vivendas son:
  • É unha enerxía limpa.
  • Produce enerxía a pequena escala de maneira que favorece ao autoconsumo.
  • Producen menos impacto visual que outras instalacións e son fáciles de manter.
  • Teñen un precio asequible.
  • O seu punto de producción está preto ao de consumición polo que se perde pouca enerxía.


-Caldeiras de biomasa

A biomasa obtense a partir de residuos de orixe biolóxica e úsase principalmente para a produción de enerxía térmica. Estas caldeiras son ideais para substituír ás de gasoil ou propano.
Algunhas das súas vantaxes son:
  • Aforra hasta un 55%.
  • O seu combustible son residuos de outras actividades (reciclaxe).
  • O precio de seu combustible sempre será estable, non sufrirá fortes descensos ou ascensos.



-Caldeiras de condensación


Reduce o consumo de gas e aforra un 35% en enerxía e baixa un 75% as emisións de CO2 en comparación coas caldeiras tradicionais.
Unha das súas vantaxes é que xa non tes que esperar para que se quente xa que conta con procesos de pre-quecemento.
As caldeiras de condensación a calor latente dos fumes de combustión. Ao arrefriar estes fumes debaixo da temperatura de rocío (temperatura na que a agua pasa de estado gasoso a estado líquido) libérase enerxía en forma de calor que é aproveitada para quentar a auga do circuíto.



-Aerotermia


A aerotermia é unha enerxía limpa que se usa para climatizar unha casa, principalmente onde non chega a rede de gas natural. 
Podes chegar a aforrar un 75% en enerxía xa que absorbe pouca potencia. 
Pódense comprar por 1400? e a súa capacidade atópase entre 80 e 300 litros.
Ademais fan moi pouco ruído.


-Xeotermia

A xeotermia é unha enerxía que permite climatizar vivendas sen contaminar o medio ambiente e podes chegar a aforrar un 75%. Este tipo de enerxía aproveita a calor do interior da terra para quentar as nosas casas. Emite moito menos CO2 do que se emitiría noutra casa cun sistema de climatización non renovable.


Electricidade

Para poder aforrar electricidade, primeiro debemos saber a cantidade de enerxía que consumimos:
Cociña eléctrica: 6.000/8.000 W
Lavavaixelas: 2.000/3.000 W
Microondas: 500/1500 W
Televisión: 50/200 W
Secador do pelo: 200 W
Cafetera: 800/1000 W
Lavadora: 2.000/3.000 W.
Prancha: 1.000/1.500 W.
Neveira: 300/800 W.
Equipo de música: 50/200 W
Radio: 100 W
Aspiradora: 1.000/1.500 W
Licuadora: 300/500 W


Despois de saber isto e ver o que consumes, podes empezar a exporche métodos para aforrar na túa factura eléctrica. Os máis usuais son estes:
-Aproveitar a luz solar. Se a aproveitas ao máximo, podes aforrarche un bo tanto na túa factura.
-Utilizar lámpadas de baixo consumo. Se cambias todas as lámpadas incandescentes por lámpadas de baixo consumo (duran máis, gastan menos e xeran a mesma luz) aforrarás moito na túa factura. Son máis caras que o normais pero, a longo prazo, acabas notando o aforro enerxético no teu recibo.


-Apagar luces innecesarias. O 15% da factura mensual correspóndese á iluminación. Débense evitar situacións que poden elevar o gasto, como deixar acendidas as luces ou aparellos en habitacións nas que non se está, ou dar máis luz a unha habitación que xa está iluminada. Ponse pouca atención neste tema, que pode encarecer bastante o teu recibo.
-Racionalizar a utilización dos aparellos domésticos. Debes apagar os aparellos domésticos cando non se utilizan ou empregar os programas que levan incorporados algúns deles para combater o seu alto consumo. En canto a aparellos como lavavaixelas ou lavadoras deben ser utilizados as menos veces posibles e aproveitar ao máximo o seu espazo.
-Aforrar nas cociñas eléctricas. Pódese rebaixar a factura eléctrica ao cociñar con vitrocerámicas, lumes eléctricos, etc., se uns 5 ou 10 minutos antes de terminar a preparación do prato escollido apágase, xa que coa calor do aparello rematarías o prato.
    

Estas son algunhas das técnicas máis usadas para ter un gran aforro nas facturas eléctricas, cousa que ultimamente fai falta e é moi habitual. Hai outras formas de aforrar como implatando na túa factura a tarifa nocturna, uníndoche a cooperativas de enerxía,etc, que non son tan habituais.

Calefacción





Para aforrar calefacción hai que ter en conta factores como a zona onde está situada a vivenda, o illamento, cantas persoas residen nela e ata canto tempo pasan no seu interior. Despois de ter en conta estes factores, xa podes decidir métodos para aforrar en calefacción , os principais son estes:

- Quentar o teu fogar nunha temperatura de entre 19 e 21ºC. O aumento de só un grao encarece ata un 7% máis a túa factura. Pola noite a temperatura chega de 15ºC a 17ºC.
- Manter unha temperatura constante. Os golpes de calor poden encarecer o prezo da factura.
- Aproveita as horas de luz. Peche as persianas cando xa sexa de noite e corre as cortinas, así evitarás que se perda a calor acumulada durante o día.
- Instala un bo sistema de illamento nas xanelas. Ata o 30% das necesidades de calefacción, veñen por perdas de calor orixinadas nas xanelas.
- Coloca un termostato. Permitirache controlar a calefacción e aforrar dun 8 a un 13%.



- Regula a calefacción cos teus horarios. Se pasas moito tempo fóra de casa, non deixes a calefacción posta e prográmaa para unha hora antes de chegar. Non poñas calefacción en zonas que non uses e pola noite, tenta manter a calefacción apagada.
- Compara as ofertas que ofrece o mercado. Podes levarche unha grata sorpresa e un gran aforro.


Estas son as formas máis habituais de aforro na calefacción que, aínda que hai outras que a expensas de non ser tan habituais son usadas como cambiar o teu sistema de calefacción, etc.

Fontes

mércores, 7 de outubro de 2015

Benvidos ao meu blog!

Ola a todos!


O meu nome é Antón Gómez, alumno do IES Eduardo Blanco Amor, e este vai ser o meu blog durante este curso.

Xa que son un gran afeccionado ao deporte, a temática do meu blog van ser os deportes en xeral, aínda que me centrarei máis no baloncesto, que é o meu preferido. Tamén publicarei os traballos que faga neste curso de informática e algúns de tecnoloxía.

Para crear este blog inspireime nalgúns do ano pasado pola súa temática, como o de Daniel Martínez, ou pola súa estética como o de Brais Ramos ou o de Martín Rama.

Antes de rematar, gustaríame falar sobre o novo campión da Supercopa da Liga Endesa: o FC Barcelona Lassa. Tras un gran partido, derrotou ao Unicaja de Málaga por 18 puntos. Demostraron ser un equipo sólido en defensa evitando que o equipo malagueño estivese cómodo no partido. En ataque destacaron no seu acerto dende a liña de tres puntos con 14 triples (de 30 intentos, un gran 46,6% de acerto).




Enlace á páxina orixinal

O MVP do torneo foi o escolta azulgrana, Pau Rivas, con unha gran actuación na final na que anotou 15 puntos. O xogador badalonés xa demostrou estar en gran forma física este verán no Eurobasket 2015 axudando á selección española a conseguir o título de campións de Europa.