sábado, 28 de maio de 2016

Proxecto 7: Scratch

Ola a todos!

Esta será a penúltima entrada que faga este ano para a asignatura de informática. Foi un curso longo no que aprendimos moitas cousas novas que nos poden servir nun futuro, aínda que algunhas tarefas que eu eliminaría ou marcaría como voluntarias porque levan demasiado tempo e a min non me gustaron (por exemplo, a infografía). O sistema deste último trimestre gustoume moito máis, xa que cada un escolle o que máis lle gusta e o traballo lévase moito mellor.

Durante esta semana, David e mais eu, engadímoslle niveis ao xogo anterior que fixemos do Ping Pong. Levounos bastante tempo xa que tivemos que ir axustando a velocidade á que se tiña que mover a barra azul e a velocidade da pelota en cada nivel, para que o terceiro non fose máis fácil que o primeiro (que é máis fácil do que parece).

Tamén comezamos a facer un de dous xogadores, como vos dixen na anterior entrada, que queremos combinar co de un xogador, de maneira que, podes escoller dentro do xogo se queres xogar un contra outro ou ti só. Aínda que pensamos que pode ser moi complicado polo que igual non o facemos.

Se queredes ver o xogo en Scratch déixovos un enlace aquí e outro para ver o blog do meu compañeiro.

Espero que vos guste!



sábado, 21 de maio de 2016

Proxecto 6: Scratch

Ola a todos!

Hoxe tráiovos un xogo que fomos creando o meu compañeiro David durante esta semana. Decidimos non mellorar máis o anterior porque non lle atopábamos que lle podíamos engadir e pensamos que sería mellor facer outro xogo. 

Comparado cos anteriores, tardamos pouco en programalo, entre outras cousas, porque nos basamos noutros proxectos similares doutras persoas. Debuxar o campo e as barras que se deslizan foi do que máis tempo nos levou, aínda que pareza sinxelo.

Un dos problemas que tivemos foi que a bóla, ás veces, ao rebotar nunha esquina das barras quedábase dando voltas. Para solucionalo, buscamos outros xogos parecidos para ver como fixeron eles para que rebotase sen problemas. Se queredes ver o proxecto que nos axudou déixovos un enlace aquí.

Temos pensado engadirlle algunhas cousas ao noso xogo durante as seguintes semanas e facer un para dous xogadores. Se queredes ver o noso xogo en Scratch podedes velo neste enlace.

Espero que vos guste!



domingo, 15 de maio de 2016

Proxecto 5: Scratch

Ola a todos!

Durante esta semana, David (enlace á súa etiqueta de Scratch) e mais eu, estivemos mellorando o noso xogo de preguntas (podedes ver aquí a última entrada). Nun principio, as preguntas facíanse aleatoriamente, pero non nos gustou porque se repetían con frecuencia, e para respondelas a todas tardabas moito tempo, polo que decidimos poñelas por orde de maneira que, se fallas unha non avanzas á seguinte ata respondela correctamente.

Levounos moito tempo facer que as preguntas fosen por orde, xa que o código é moi longo e tivémolo que copiar e pegar moitas veces. Tamén lle engadimos dous fondos: un que aparecese ao contestar correctamente todas as preguntas e outro ao acumular tres errores.

Aínda non temos claro se imos seguir modificando este xogo. A opinión do noso profesor influirá un pouco na decisión que tomemos nós. Tamén depende das ideas para novos proxectos que se nos ocorran durante a semana e se nos apetece pensar un pouco máis para engadirlle novos elementos a este xogo.

Como xa vos dixemos noutras entradas, Scratch permite ver e reutilizar os xogos dos seus usuarios mencionando sempre ao seu prpietario. Se queredes ver como o fixemos nós e se se vos ocorre algunha mellora podedes ver o código do xogo aquí.

Espero que vos guste!

domingo, 8 de maio de 2016

Proxecto 4: Scratch

Ola a todos!


Hoxe tráiovos un novo xogo en Scratch que estou a facer co meu compañeiro de informática David (enlace aos seus xogos). Como xa vos dixemos nas anteriores entradas, Scratch é un programa que che permite crear proxectos e xogos con facilidade.

As anteriores semanas trouxémosvos o xogo do labirinto, o cal, aos poucos, fomos evolucionando e mellorando ata chegar ao actual. Como xa non o imos a mellorar máis, decidimos empezar con outros xogos. Hoxe traémosvos o primeiro. Este é un xogo educativo sobre España que consiste en responder preguntas que se che fan sobre o país e os seus costumes, personaxes e festas. Con el poderás comprobar se sabes un mínimo sobre España e a súa cultura. O xogo é bastante fácil co que non deberiades ter ningún problema para acertalas todas.

O xogo consiste en responder unha serie de preguntas que se che serán formuladas e cando acertas unha, un punto será engadido á túa casa de puntos en cambio, se fallas, un punto será engadido á túa casa de erros. As preguntas van aleatoriamente, polo que ás veces repítense (isto é algo que pretendemos mellorar durante as seguintes semanas).

Se queredes saber máis sobre o meu xogo podedes acceder a través da ligazón que vos deixo ao xogo en Scratch. Nesta ligazón poderedes explorar o meu xogo por dentro e ademais xogar ao.

Espero que vos guste!



xoves, 5 de maio de 2016

Proxecto 3: Scratch

Ola a todos!

Nestas dúas últimas semanas, o meu compañeiro David e mais eu melloramos o noso xogo de Scratch. Nun principio, consistía en chegar ao final sen tocar as paredes (enlace á primeira entrada). Despois puxémoslle vidas e un segundo nivel no que aparecía un morcego que restaba unha vida se o tocabas (enlace á segunda). Nesta terceira vez, creamos un novo nivel no que hai unha bruxa que se move aleatoriamente e un mago que a pode facer desaparecer se se responde ben a unha pregunta (deixámosvos aquí un enlace á resposta da pregunta); e nos dous primeiros niveis colocamos unha chave e un cangrexo, de maneira que se tocas o cangrexo perdes unha vida, pero se tocas a chave o cangrexo desaparece.

Facer o terceiro nivel levounos moito tempo, xa que tivemos que buscar unha foto dun labirinto en internet e adaptala para que nos cadrase como un fondo (tivemos que colocala no centro, pintar as paredes, facer máis grosas algunhas, engadir algunhas outras para evitar ir por fóra...), e programar a chave e o cangrexo para que aparecesen ao principio e volvesen a aparecer despois de tocar unha parede (se xa se conseguiu chegar ata a chave). Programar a bruxa e o mago foi fácil: a bruxa fai máis ou menos o mesmo que o morcego do anterior nivel e o mago non tiña moita complicación.

En principio, esta vai ser a última semana que retoquemos o labirinto. Xa temos pensado outras ideas para seguir facendo xogos con Scratch.

Se queredes ver como o fixemos déixovos aquí un enlace ao xogo en Scratch. Así, se queredes podedes retocalo vós mesmos.

Espero que vos guste!