domingo, 28 de febreiro de 2016

Imaxe interactiva

Ola a todos!

Hoxe tráiovos unha nova tarefa de informática que fixen co meu compañeiro David Fernández, que consistía en crear unha imaxe interactiva. Unha imaxe interactiva é aquela imaxe que se move ou que, ao pulsar nela, ofréceche información relacionada co punto concreto da imaxe no que pulses.

Esta foi unha das tarefas máis longas desta segunda avaliación, pero foi bastante divertida sobre todo cando David e mais eu discutíamos por escoller o mellor xogador dun equipo, que nalgúns casos é fácil pero noutros non.

Esta tarefa fixémola cun programa español chamado Genialy. Ofréceche unha infinidade de aplicacións como diseñar imaxes interactivas, presentacións, infografías, liñas de tempo... O programa está orientado cara o ensino, pero tamén se pode usar noutros ámbitos. Outra vantaxe que nos ofrecía era a de non ter que consultar videotitoriais xa que o programa inclúe os seus propios.

A nosa imaxe interactiva ofréceche información dos equipos de fútbol (que non é moi obxectiva xa que os mellores xogadores de cada equipo non son para todos os mesmos que pensamos nós) de primeira división e de que cidade son. Tamén incluímos un dos vídeos máis emocionantes desta tempada (polo menos para os galegos).

Espero que vos guste!



domingo, 21 de febreiro de 2016

Infografía

Ola a todos!

Hoxe tráiovos unha nova tarefa de informática que consistía en crear unha infografía. Antes de facer esta tarefa non sabía o que era e, despois de ler as instruccións que nos deu o noso profesor, pareceume unha maneira diferente de poder ensinarlle aos demais algo novo sobre un tema de maneira moi visual.

Para orientarme e buscar un tema para a miña infografía axudeime dun enlace que nos facilitou o noso profesor, no que explica que é o máis importante para facer unha boa infografía. Depois de ler estas instrucións busquei outras infografías dos meus compañeiros coma a de David Fernández ou a de José Luis Ares.

Cando xa tiña escollido o tema, tiven que decidirme por que programa ía usar. Estiven mirando algúns dos que nos facilitou Ángel, o noso profesor, como Canva, Infogr.am, Mural... Pero finalmente creei a miña infografía con Piktochart, xa que me pareceu un programa moi facil de usar e o nome soábame un pouco. Todos estes programas son online.

Despois de rexistrarme, vin un tutorial que inclúe o propio programa para saber manexar un pouco esta ferramenta nova para min.

Escollín facelo sobre os blogs gratuitos, xa que son unha maneira de ter unha presencia en Internet na que podes colgar as túas aficións sen ter que pagar nada.

Deixovos a miña infografía aquí. Espero que vos guste!





http://www.edu.xunta.es/centros/iesblancoamorculleredo/aulavirtual/mod/book/view.php?id=12375&chapterid=2760

Imaxe 3D

Ola a todos!

Estes días, o meu compañeiro David Fernández e mais eu, estivemos traballando nun proxecto a longo prazo. Este novo traballo consiste en representar un apartamento en 3 dimensións a partir dun plano.

Ao principio, tentamos representar o plano mediante un programa chamado Floorplanner. Este programa permitía crear planos e diseños en 3D, coa opción de insertar os mobles sen necesidade de debuxalos. Se vos interesa e queredes probalo, o único que tedes que facer é rexistrarvos, xa que é online e non necesitades descargar nada. Déixovos aquí un videotitorial para comezar a dar os primeiros pasos con este programa.

Pero, despois de falar co noso profesor Ángel Acción, optamos por facelo dunha maneira máis sinxela  usando o SketchUp, que xa o usaráramos antes para facer algunha tarea de informática. Ademais, Ángel deixounos unha lista de reprodución en Youtube. O vídeo que máis nos axudou foi o noveno, xa que nel explica como escalar un plano para que quede máis ou menos como na realidade.

Este é o plano que queremos representar xa escalado.



O que fixemos foi tomar unha medida do plano real e poñela no SketchUp e nese momento xa che pregunta se queres escalar todo o plano en función desa medida.

A continuación debuxamos as paredes coa ferramenta "liñas" para poder levantalas despois


Isto é todo por hoxe. Nos próximos días subiremos a continuación deste proxecto no que levantaremos as paredes e vos ensinaremos o resultado final. Espero que vos guste!

sábado, 13 de febreiro de 2016

Solución ás 5 diferencias

Ola a todos!

Nesta entrada déixovos as solucións entrada anterior das 5 diferencias. Espero que pasárades un bo anaco de tempo.




5 Diferencias

Ola a todos!

Hoxe tráiovos un xogo moi divertido que fixen con Gimp: AS 5 DIFERENCIAS. Esta tarefa de informática fixena co meu compañeiro David Fernández, que é a miña parella en informática.

Nesta tarefa axudeime do blog de Brais Ramos no que fixo esta mesma tarefa o ano pasado.

Non cronometrei o tempo que me levou facer a tarefa, pero penso que foi a tarefa que máis rápido fixen en todo o curso (sen contar as primeiras nas que só tiñamos que enviar un correo ou compartir unha carpeta en Drive). Ademais é unha tarefa que non só é divertida para quen a fai senón que os que o intentan resolver tamén o pasan ben.

Esta creo que é a última tarefa con Gimp deste trimestre e, como podedes ver, ten moitísimas utilidades e aínda ten máis aplicacións coas que non traballamos.

Esta foi a imaxe que decidimos escoller para retocala. Ten dereitos de autor pero pódese reutilizar e modificar. Outra opción que se nos ocorreu foi facer un debuxo simple dunha paisaxe nós mesmos e sacarlle unha foto para facer as 5 diferencias, pero ao ver esta foto pareceunos que estaba moi ben para facer o traballo.





O proceso foi bastante sinxelo. O único que fixemos foi pintar de branco algunhas das liñas ou partes do debuxo para tapalas. Este foi o resultado:




Para que poidades buscar as diferencias, combinamos nun collage as dúas imaxes (a orixinal e a retocada).


Se non as conseguides atopar ou sodes demasiado preguiceiros e queredes saber cales son as 5 diferencias, déixovos aquí un enlace ás solucións. Espero que só o usedes para comprobalas.

domingo, 7 de febreiro de 2016

GIF animado

Ola a todos!

Nesta entrada vouvos explica como fixen un GIF animado para a asignatura de informática. Esta tarefa fíxena co meu compañeiro David Fernández.

Este traballo consistía en crear un GiF animado a partir da caricatura que fixemos anteriormente con Gimp ou calquera outra aplicación que permita facelo.

Esta tarefa levounos un pouco máis de tempo que as anteriores feitas con Gimp, xa que era máis complicada. Tivemos que buscar algún titorial en Youtube para poder facela, aínda que segue sendo divertida.

Tivemos un problema coa calidade do Gif. Despois de exportalo víase perfectamente e a calidade era boa, pero ao subilo ao blog non fumos capaces de mellorarlle a calidade.

Espero que vos guste igualmente!





CC-BY-NC-ND

Caricatura

Ola a todos!

Esta tarefa de informática consistía en distorsionar una foto propia ou non (se non usabas unha imaxe propia restaba 50 puntos de 100, que me parece un pouco esaxerado) e distorsionala con Gimp ou calquera outra aplicación.

Eu fixen esta tarefa con Gimp, igual que as dúas anteriores. En colaboración co meu compañeiro David Fernández, distorsionei o meu rostro. Para facelo vin varios tutoriais en Youtube que me axudaron a facelo.

Como as tarefas anteriores nas que traballamos con Gimp, esta pareceume moi fácil de facer por calquera e ademais moi divertida.

Esta é a foto que decidín distorsionar:




Para distorsionar unha imaxe con Gimp tes que ir a "Filtros" e despois a "IWarp". Unha vez aí, podes facer medrar, encoller, xirar en remuíños... o que ti queiras. Eu optei por encoller a boca, o nariz e as meixelas e aumentar a frente. O resultado foi o seguinte:





Finalmente, xuntei as dúas imaxes nun collage cunha aplicación do meu móbil para apreciar mellor o cambio.

Prácticas con relé

Hola a todos!

En esta entrada os dejo el informe de las prácticas que realizamos con el relé de un conmutador y de dos conmutadores en el taller de tecnología.




Los vídeos no se pueden subir a un documento de Drive, por lo que los publicaré aquí.

Este es el vídeo explicativo del funcionamiento del primer circuito, que es el relé de un conmutador conectando dos circuitos.

1º Vídeo

Este es el vídeo explicativo del funcionamiento del segundo circuito, que es el del relé de dos conmutadores actuando como inversor de giro de un motor.

2º Vídeo