mércores, 20 de abril de 2016

Proxecto 2: Scratch

Ola a todos!

Como xa vos dixen na primeira entrada do proxecto, neste trimestre, en informática podemos traballar co que nos queiramos. David e mais eu, decidimos investigar un pouco sobre Scratch, que é unha plataforma online para crear animacións, historias interactivas e xogos. Este programa é moi útil e ademais ten moitas vantaxes. Ti podes crear un xogo a partir do que fixo outro usuario soamente mencionándoo. Grazas a isto, podes buscar algunhas ideas e, se che gusta un xogo ou unha animación que fixo outra persoa, podes mirar como o fixo e melloralo.

A semana pasada fixemos un labirinto bastante básico que consistía en ir movendo o personaxe sen tocar as paredes do labirinto. Durante estes día fomos mellorándoo. Primeiro, fixemos un segundo labirinto que aparecese ao pasar o anterior como se fose o nivel 2. Despois, púxemoslle 3 vidas, de maneira que se tocas tres veces unha parede perdeses e aparecese outro fondo. Tamén fixemos que ao pasar o segundo labirinto aparecese un fondo que puxese "Gañador". Ángel, o noso profesor, díxonos que lle metésemos algunha cousa máis e pensamos en crear unha figura que se movese aleatoriamente polo labirinto de maneira que, se o gato a tocase perdese unha vida (isto foi o que máis tempo nos levou porque tivemos que cambiar a cor das paredes do labirinto porque a figura que queríamos poñer era negra).

Se queredes ver máis detalladamente como o fixemos deixovos o enlace ao xogo en Scratch, e por se queredes ver os xogos do meu compañeiro podedes velos se pinchades aquí.

Este é o resultado final, espero que vos guste!





Ningún comentario:

Publicar un comentario