domingo, 15 de maio de 2016

Proxecto 5: Scratch

Ola a todos!

Durante esta semana, David (enlace á súa etiqueta de Scratch) e mais eu, estivemos mellorando o noso xogo de preguntas (podedes ver aquí a última entrada). Nun principio, as preguntas facíanse aleatoriamente, pero non nos gustou porque se repetían con frecuencia, e para respondelas a todas tardabas moito tempo, polo que decidimos poñelas por orde de maneira que, se fallas unha non avanzas á seguinte ata respondela correctamente.

Levounos moito tempo facer que as preguntas fosen por orde, xa que o código é moi longo e tivémolo que copiar e pegar moitas veces. Tamén lle engadimos dous fondos: un que aparecese ao contestar correctamente todas as preguntas e outro ao acumular tres errores.

Aínda non temos claro se imos seguir modificando este xogo. A opinión do noso profesor influirá un pouco na decisión que tomemos nós. Tamén depende das ideas para novos proxectos que se nos ocorran durante a semana e se nos apetece pensar un pouco máis para engadirlle novos elementos a este xogo.

Como xa vos dixemos noutras entradas, Scratch permite ver e reutilizar os xogos dos seus usuarios mencionando sempre ao seu prpietario. Se queredes ver como o fixemos nós e se se vos ocorre algunha mellora podedes ver o código do xogo aquí.

Espero que vos guste!

Ningún comentario:

Publicar un comentario