mércores, 1 de xuño de 2016

Proxecto 8: Scratch

Ola a todos!

Esta entrada será a última de este ano académico 2015/2016. Chegamos a final de curso cunhas sensacións moi boas, entregando todas ou case todas as tarefas a tempo. Quero agradecerlle ao noso profesor Ángel Acción por conducirnos desta maneira tan boa todo este curso e espero que o ano que ven, xa que me quedo no IES Eduardo Blanco Amor, teñamos sorte e nos toque de profesor.

Tamén quero agradecer ao meu compañeiro David este curso magnífico que, aínda que non o pareza axúdame moito e é moi agradable traballar con él.


Despois da modificacións que fixemos a partir do orixinal, David e mais eu consideramos que este é o mellor xogo de Scratch que fixemos ata agora, xa que combina dous xogos dentro dun. Neste xogo, ti podes escoller xogar de un xogador (que é igual que a anterior entrada) ou de dous como vos prometimos.

Foi moito máis fácil do que me imaxinaba ao principio. O único que fixemos foi copiar o código do de un xogador, copiar o de dous xogadores (que xa o tiñamos feito a semana pasada aínda que non o publicamos) e buscar dous obxectos que nos servisen para que, ao clicar sobre un dos dous se iniciase un dos xogos, e ao clicar sobre o outro se iniciase o segundo xogo.

Por último, quero facer unha valoración deste curso das novas experiencias aprendidas no campo da informática. Este curso foi bo debido a que aprendemos a traballar con programas cos que nunca traballaramos como Scratch, Gimp, Feedly, Audacity e moitos máis. Fixemos unas cantas tarefas, ás veces quizais demasiadas, pero todas axudáronnos para aprender cousas novas. A materia de informática foi unha das mellores porque as súas clases son distendidas e traballas coas novas tecnoloxías que sempre é máis divertido que estar sentados en clase.

Se queredes ver o xogo en Scratch déixovos aquí un enlace, onde podedes modificalo como queirades.



Ningún comentario:

Publicar un comentario