domingo, 21 de maio de 2017

Concurso: Cómete Culleredo

Ola a todos!

Despois de crear Cómete Culleredo o trimestre pasado xunto con Antía, Laura e Xaime, presentóusenos a opción de mandar a App a concurso (podedes ver en entradas anteriores o proceso creativo e o proceso técnico). Para poder enviala, tivémola que traducir ao galego e crear unha presentación na que se explicase o funcionamento da aplicación mediante capturas. Na presentación tamén se pedían capturas da interfaz gráfica de App Inventor e o .APK da aplicación. En lugar de aportar únicamente as capturas, fixemos un vídeo no que se explica brevemente como se manexa a aplicación. 





O vídeo levounos máis tempo do que pensabamos. Tivemos que pensar que dicir e como dicilo, que ás veces é case tan importante como o primeiro. Aínda así, tivemos que gravalo varias veces debido ós erros cometidos.

A nosa aplicación foi creada co propósito de fomentar o turismo, a gastronomía e a cultura en Culleredo, a nosa localidade, á vez que nos formamos como programadores. Polo momento, o seu uso é únicamente educativo. Déixovos aquí a presentación que enviaremos a concurso nos próximos días.





Gustaríanos seguir mellorando algúns aspectos da nosa aplicación, xa que polo momento só responde ás necesidades máis básicas. Ao mellor, probala con outro programa ou invertir máis tempo con App Inventor poderían ser dúas opcións viables.

Un saúdo.

Ningún comentario:

Publicar un comentario