domingo, 31 de xaneiro de 2016

Fotomontaxe

Ola a todos!

Nesta tarefa de informática fixen unha fotomontaxe co meu compañeiro de informática David Fernández. Escollimos dúas fotografías que nos recomendou o noso profesor e axudándonos dun documento comezamos a traballar.

Para esta tarefa non tiven que mirar ningún titorial, xa que usei o mesmo programa que para a anterior tarefa: o Gimp. Déixovos aquí un enlace por se o queredes descargar. Este tipo de tarefas son moi divertidas e fanse rápido se sabes usar o programa que uses.

Esta é a foto na que tiñamos que recortar.





Nesta foto, tiñamos que recortar ao home e mais ás cabras para superpoñelas despois na paisaxe de fondo da maneira máis real posible.

Esta é a foto da paisaxe sobre a que puxemos a imaxe recortada.




Para que quedase mellor, axustei a claridade do fondo para que parecese que o señor lle estaba dando de comer ás cabras nesa paisaxe de verdade.






Para rematar, xuntei nun collage as tres imaxes coas que traballei para facer a tarefa.



Ningún comentario:

Publicar un comentario