martes, 19 de xaneiro de 2016

Retoque do rostro con Gimp

Ola a todos!

Nesta tarefa retoquei o rostro dunha persoa coa axuda de Gimp, que nos recomendou o noso profesor de informática. Este programa ten outras moitas utilidades a parte de editar rostros.

Esta tarefa foi unha das que máis me gustou. Nunca fixera nada parecido e sorprendeume que fose tan fácil retocar o rostro dunha persoaAdemais é un traballo que non require moita concentración e que podes facer, por exemplo, mentres ves a televisión

Para saber como se usaba este programa consultei un titorial en Youtube que me resultou moi fácil retocar a imaxe despois (principalmente porque era o mesma rostro que no videotitorial).

Esta é a imaxe pola que me decidín para retocar. Ten dereitos de autor, pero vouna usar con fins exclusivamente educativos.







Primeiro empecei quitando as engurras da frente, dos ollos e da boca usando a ferramenta de sanear, que consiste en seleccionar unha parte da cara e ir clicando por enriba das engurras e das manchas para tapalas.

Despois quiteille as manchas do pescozo e da frente coa mesma ferramenta.

Finalmente, cambieille a cor dos ollos coa axuda deste outro videotitorial. E o resultado foi o seguinte.





Por último, para apreciar mellor o cambio fixen un collage con photogrid, que é unha aplicación para android coa que podes editar vídeos, facer collages e editar fotografías...


Ningún comentario:

Publicar un comentario