sábado, 31 de outubro de 2015

"Eu de maior quero ser..."

Ola a todos!

Ángel Acción, o noso profesor de informática, propúxonos que fixésemos unha presentación para pensarmos no noso futuro e isto é o resultado da miña reflexión.

Antes de empezar este traballo non pensara nunca no que ía ser de maior. Como non o tiña claro, busquei un test para que me axudase na elección. Non sei se os tests son eficaces pero aquel indicoume que a miña profesión podía ser enxeñeiro informático. E púxenme a investigar.

Ao principio estaba un pouco perdido porque non sabía por onde empezar. Pedín axuda aos meus pais e explicáronme os itinerarios do bacharelato. Aconselláronme que visitase a páxina da universidade. Alí atopei moita información que me serviu de moita axuda. Puiden atopar todo o necesario: desde a a configuración das probas da Selectividade, as materias que poderaban, as notas de corte, o acceso a facultade de informática das universidades galegas, ou a información sobre as residencias para estudantes en Santiago.

A miña investigación fíxome ver no futuro se van necesitar moitos informáticos polo que esta carreira terá probablemente moitas saídas. Ademais puiden comprobar que na maioría dos casos está ben pagada. Non obstante, non é unha carreira fácil. O numéro de abandonos nos primeiros anos é bastante alto pola dificultade das materias.

A principal dificultade que atopei foi seleccionar a información e distribuíla ao longo das diapositivas. Outro problema foi o tempo que me ocupou. Pensaba que podía rematalo nun día pero ao final levoume varios días.

Esta actividade pareceume moi útil para os alumnos. Se non fora por ela, non me tería planteado aínda cal podería ser a miña profesión. Debería ser unha actividade obrigatoria para todos os estudantes da miña idade.



Ningún comentario:

Publicar un comentario