mércores, 7 de outubro de 2015

Benvidos ao meu blog!

Ola a todos!


O meu nome é Antón Gómez, alumno do IES Eduardo Blanco Amor, e este vai ser o meu blog durante este curso.

Xa que son un gran afeccionado ao deporte, a temática do meu blog van ser os deportes en xeral, aínda que me centrarei máis no baloncesto, que é o meu preferido. Tamén publicarei os traballos que faga neste curso de informática e algúns de tecnoloxía.

Para crear este blog inspireime nalgúns do ano pasado pola súa temática, como o de Daniel Martínez, ou pola súa estética como o de Brais Ramos ou o de Martín Rama.

Antes de rematar, gustaríame falar sobre o novo campión da Supercopa da Liga Endesa: o FC Barcelona Lassa. Tras un gran partido, derrotou ao Unicaja de Málaga por 18 puntos. Demostraron ser un equipo sólido en defensa evitando que o equipo malagueño estivese cómodo no partido. En ataque destacaron no seu acerto dende a liña de tres puntos con 14 triples (de 30 intentos, un gran 46,6% de acerto).




Enlace á páxina orixinal

O MVP do torneo foi o escolta azulgrana, Pau Rivas, con unha gran actuación na final na que anotou 15 puntos. O xogador badalonés xa demostrou estar en gran forma física este verán no Eurobasket 2015 axudando á selección española a conseguir o título de campións de Europa.


1 comentario: