luns, 12 de outubro de 2015

Medidas de aforro enerxético

Para aforrar máis auga, gas, electricidade e calefacción nas nosas casas, debemos cambiar algúns malos hábitos que nos poden prexudicar economicamente. Pero tamén pode axudarnos a gastar menos o feito de instalar unha serie de dispositivos que se poden adoptar na vivenda para que o noso consumo mensual de auga, gas, electricidade e calefacción descenda considerablemente.


Auga

Aforrar auga nas nosas casas é moi importante, xa que a auga doce é escasa na Terra, só o equivalente ao 3% da auga total no planeta e dese 3%, un 79% está conxelada e un 20% está no subsolo.
Agua 1.jpg




Como dixemos antes, non só para aforrar auga debemos cambiar algúns dos nosos hábitos, se non que tamén existe unha serie de dispositivos que que nos axudan a reducir o noso consumo de auga.


-Hábitos que podemos cambiar para aforrar auga


  • Ducharse en lugar de bañarse. Se nos duchamos podemos chegar a gastar 6 veces menos en auga que se nos bañamos.
  • Non desconxelar alimentos no fregadeiro. Podemos chegar a aforrar ata 22 litros se desconxelamos os alimentos na neveira.
  • Usar el lavavaixelas. Se usamos o lavavaixelas en vez de lavar a man con agua quente pode saírnos ata un 60% cun lavavaixelas moderno.
  • Non deixar a billa aberto mentres se frega a man. Se fregamos a man, debemos deixar os pratos a remollo nun recipiente en lugar de ter a billa aberta.
  • Usar el lavavaixelas e a lavadora só coa carga completa. Debemos esperar a que o lavavaixelas e a lavadora se usen coa súa máxima capacidade e con cilclos máis curtos.


-Dispositivos para aforrar auga


  • Billas monomando. Este tipo de billa non permite o goteo y reduce o gasto de agua xa que é máis fácil axustar a temperatura.
  • Limitador de caudal. Colócanse ao final do latiguiño flexible de maneira que estrita o caudal da auga para que pase menos cara á billa e pode reducir ata un 30%. Nalgunhas vivendas xa vén instalado.
  • Billa con aireador. Colócase na boca da billa. Posee un filtro, que ao chocar a agua, esta rompe dá a impresión de que sae un maior caudal de auga. Pódese aforrar entre un 30% e un 60%.
  • Billa termostática. Esta billa mesturadora proporciona unha temperatura óptima sin ter que esperar e é constante.
  • Válvula reguladora de caudal. É similar aos limitadores de caudal, só que estes axustanse automaticamente aos cambios de presión. Poden contar cunha boquilla redutora de aspersión limitando o paso da auga conseguindo unha maior presión.
  • O botón do inodoro. Existen botóns cunha dobre función de tal maneira que ao presionar un saen 9 litros e ao presionar o outro saen 3 litros. É moi importante usalos ben.
f3.jpe

Reutilización da auga da chuvia


Outra maneira de aforrar auga é a utilización da auga da chuvia. Por iso, é importante coñecer as precipitacións da zona e a superficie na que recollemos a auga. O tellado é o lugar máis adecuado para recoller a auga.

-Pasos


  1. A auga recóllese do tellado mediante unha tubería simple que guía a agua ata o sistema de almacenamento.
  2. Recóllese a auga do tellado mediante unha tubaxe simple que guía a auga ata o sistema de almacenamento.
  3. Un filtro encárgase de separar a auga sucia e a auga limpa. A sucia únese ao sistema de desaugadoiro da vivenda e a auga limpa.
  4. O lugar ideal para o tanque de almacenamento é baixo terra para evitar luz e calor que producen bacterias. Se o tanque se chea debe ter un sistema de aspiración flotante que é o encargado de retirar a auga limpa. Se o tanque se chea debe ter un rebosadero que se une ao sistema de desaugadoiro da vivenda.
  5. Unha bomba e un dispositivo de control, que dirixen e automatizan todo o circuíto, encárganse de distribuír a auga pluvial por toda a vivenda.
  6. Desta maneira reutilízase a auga pluvial para tarefas que non necesitan auga potable como o inodoro, o xardín...

Gas


Para aforrar gas na nosa vivenda debemos tomar unha serie de medidas que tamén nos serán rendibles economicamente a longo prazo. Pódese reducir o consumo de gas con: paneis solares térmicos, caldeiras de biomasa, caldeiras de condensación, mediante a aerotermia e a geotermia.

-Paneis solares térmicos


Os paneis solares térmicos aproveitan a enerxía do Sol para xerar calor para producir ACS, climatización de piscinas... É ideal en vivendas unifamiliares e edificios de vivendas.
Algunhas das vantaxes en vivendas son:
  • É unha enerxía limpa.
  • Produce enerxía a pequena escala de maneira que favorece ao autoconsumo.
  • Producen menos impacto visual que outras instalacións e son fáciles de manter.
  • Teñen un precio asequible.
  • O seu punto de producción está preto ao de consumición polo que se perde pouca enerxía.


-Caldeiras de biomasa

A biomasa obtense a partir de residuos de orixe biolóxica e úsase principalmente para a produción de enerxía térmica. Estas caldeiras son ideais para substituír ás de gasoil ou propano.
Algunhas das súas vantaxes son:
  • Aforra hasta un 55%.
  • O seu combustible son residuos de outras actividades (reciclaxe).
  • O precio de seu combustible sempre será estable, non sufrirá fortes descensos ou ascensos.



-Caldeiras de condensación


Reduce o consumo de gas e aforra un 35% en enerxía e baixa un 75% as emisións de CO2 en comparación coas caldeiras tradicionais.
Unha das súas vantaxes é que xa non tes que esperar para que se quente xa que conta con procesos de pre-quecemento.
As caldeiras de condensación a calor latente dos fumes de combustión. Ao arrefriar estes fumes debaixo da temperatura de rocío (temperatura na que a agua pasa de estado gasoso a estado líquido) libérase enerxía en forma de calor que é aproveitada para quentar a auga do circuíto.



-Aerotermia


A aerotermia é unha enerxía limpa que se usa para climatizar unha casa, principalmente onde non chega a rede de gas natural. 
Podes chegar a aforrar un 75% en enerxía xa que absorbe pouca potencia. 
Pódense comprar por 1400? e a súa capacidade atópase entre 80 e 300 litros.
Ademais fan moi pouco ruído.


-Xeotermia

A xeotermia é unha enerxía que permite climatizar vivendas sen contaminar o medio ambiente e podes chegar a aforrar un 75%. Este tipo de enerxía aproveita a calor do interior da terra para quentar as nosas casas. Emite moito menos CO2 do que se emitiría noutra casa cun sistema de climatización non renovable.


Electricidade

Para poder aforrar electricidade, primeiro debemos saber a cantidade de enerxía que consumimos:
Cociña eléctrica: 6.000/8.000 W
Lavavaixelas: 2.000/3.000 W
Microondas: 500/1500 W
Televisión: 50/200 W
Secador do pelo: 200 W
Cafetera: 800/1000 W
Lavadora: 2.000/3.000 W.
Prancha: 1.000/1.500 W.
Neveira: 300/800 W.
Equipo de música: 50/200 W
Radio: 100 W
Aspiradora: 1.000/1.500 W
Licuadora: 300/500 W


Despois de saber isto e ver o que consumes, podes empezar a exporche métodos para aforrar na túa factura eléctrica. Os máis usuais son estes:
-Aproveitar a luz solar. Se a aproveitas ao máximo, podes aforrarche un bo tanto na túa factura.
-Utilizar lámpadas de baixo consumo. Se cambias todas as lámpadas incandescentes por lámpadas de baixo consumo (duran máis, gastan menos e xeran a mesma luz) aforrarás moito na túa factura. Son máis caras que o normais pero, a longo prazo, acabas notando o aforro enerxético no teu recibo.


-Apagar luces innecesarias. O 15% da factura mensual correspóndese á iluminación. Débense evitar situacións que poden elevar o gasto, como deixar acendidas as luces ou aparellos en habitacións nas que non se está, ou dar máis luz a unha habitación que xa está iluminada. Ponse pouca atención neste tema, que pode encarecer bastante o teu recibo.
-Racionalizar a utilización dos aparellos domésticos. Debes apagar os aparellos domésticos cando non se utilizan ou empregar os programas que levan incorporados algúns deles para combater o seu alto consumo. En canto a aparellos como lavavaixelas ou lavadoras deben ser utilizados as menos veces posibles e aproveitar ao máximo o seu espazo.
-Aforrar nas cociñas eléctricas. Pódese rebaixar a factura eléctrica ao cociñar con vitrocerámicas, lumes eléctricos, etc., se uns 5 ou 10 minutos antes de terminar a preparación do prato escollido apágase, xa que coa calor do aparello rematarías o prato.
    

Estas son algunhas das técnicas máis usadas para ter un gran aforro nas facturas eléctricas, cousa que ultimamente fai falta e é moi habitual. Hai outras formas de aforrar como implatando na túa factura a tarifa nocturna, uníndoche a cooperativas de enerxía,etc, que non son tan habituais.

Calefacción





Para aforrar calefacción hai que ter en conta factores como a zona onde está situada a vivenda, o illamento, cantas persoas residen nela e ata canto tempo pasan no seu interior. Despois de ter en conta estes factores, xa podes decidir métodos para aforrar en calefacción , os principais son estes:

- Quentar o teu fogar nunha temperatura de entre 19 e 21ºC. O aumento de só un grao encarece ata un 7% máis a túa factura. Pola noite a temperatura chega de 15ºC a 17ºC.
- Manter unha temperatura constante. Os golpes de calor poden encarecer o prezo da factura.
- Aproveita as horas de luz. Peche as persianas cando xa sexa de noite e corre as cortinas, así evitarás que se perda a calor acumulada durante o día.
- Instala un bo sistema de illamento nas xanelas. Ata o 30% das necesidades de calefacción, veñen por perdas de calor orixinadas nas xanelas.
- Coloca un termostato. Permitirache controlar a calefacción e aforrar dun 8 a un 13%.



- Regula a calefacción cos teus horarios. Se pasas moito tempo fóra de casa, non deixes a calefacción posta e prográmaa para unha hora antes de chegar. Non poñas calefacción en zonas que non uses e pola noite, tenta manter a calefacción apagada.
- Compara as ofertas que ofrece o mercado. Podes levarche unha grata sorpresa e un gran aforro.


Estas son as formas máis habituais de aforro na calefacción que, aínda que hai outras que a expensas de non ser tan habituais son usadas como cambiar o teu sistema de calefacción, etc.

Fontes

Ningún comentario:

Publicar un comentario