xoves, 26 de novembro de 2015

Peza SketchUp

Ola a todos!

Esta tarea fíxena coa miña parella de informática David Fernández. Consistía en reproducir unha figura de modelo (que nos deu o noso profesor Ángel) no SketchUp acotada. O SketchUp é un programa que permite realizar figuras en 3 dimensións.

Déixovos aquí un vídeo titorial que vos axudará a usalo.




A nós axudáronnos dous compañeiros que xa o tiñan feito. Despois de que nos explicaran algunhas cousas pareceunos fácil e conseguimos rematar a peza en pouco tempo.

Antes de usar o SketchUp comezamos sacando fotos das súas vistas (alzado, perfil e planta), xa que só poidemos ter un día a maqueta. A continuación debuxamos nunha folla en branco as súas vistas.

Alzado:

Móstranos como se ve o obxecto frontalmente. Débese escoller como alzado a vista que nos aporte máis información ou a que nos pareza que o describa mellor.
















Perfil:

Móstranos un dos dous lados da figura, neste caso, o dereito.












Planta:

Nela represéntase a parte superior do obxecto.














Ao representalas no papel é moi importante a súa colocación. Se queremos debuxar o perfil dereito debúxase á esquerda do alzado, pero se queremos representar o perfil esquerdo, este situaríase á dereita do alzado. A planta debúxase xusto debaixo do alzado.


























Despois disto creamos a nosa peza no SketchUp con axuda duns compañeiros, como xa dixen antes.

Primeiro creamos un cadrado (que é a base) de 120 milímetros de lado e elevámolo 30 mm. A continuación, seguimos coa parte superior. Custounos facer a rampa, pero o demais non tiña moita máis complicación.

Para rematar eliminamos as liñas que sobraban, pintámola e acotámola. Isto últimos non nos quedou moi ben, porque algunhas liñas pasan por encima da figura.

Para subila ao blog de cada un, buscamos o mellor ángula no que se vexan todas as acotacións e exportámola como imaxe, é dicir, en 2D.

O resultado final é este. Espero que vos guste!




Ningún comentario:

Publicar un comentario