domingo, 21 de febreiro de 2016

Imaxe 3D

Ola a todos!

Estes días, o meu compañeiro David Fernández e mais eu, estivemos traballando nun proxecto a longo prazo. Este novo traballo consiste en representar un apartamento en 3 dimensións a partir dun plano.

Ao principio, tentamos representar o plano mediante un programa chamado Floorplanner. Este programa permitía crear planos e diseños en 3D, coa opción de insertar os mobles sen necesidade de debuxalos. Se vos interesa e queredes probalo, o único que tedes que facer é rexistrarvos, xa que é online e non necesitades descargar nada. Déixovos aquí un videotitorial para comezar a dar os primeiros pasos con este programa.

Pero, despois de falar co noso profesor Ángel Acción, optamos por facelo dunha maneira máis sinxela  usando o SketchUp, que xa o usaráramos antes para facer algunha tarea de informática. Ademais, Ángel deixounos unha lista de reprodución en Youtube. O vídeo que máis nos axudou foi o noveno, xa que nel explica como escalar un plano para que quede máis ou menos como na realidade.

Este é o plano que queremos representar xa escalado.



O que fixemos foi tomar unha medida do plano real e poñela no SketchUp e nese momento xa che pregunta se queres escalar todo o plano en función desa medida.

A continuación debuxamos as paredes coa ferramenta "liñas" para poder levantalas despois


Isto é todo por hoxe. Nos próximos días subiremos a continuación deste proxecto no que levantaremos as paredes e vos ensinaremos o resultado final. Espero que vos guste!

Ningún comentario:

Publicar un comentario