domingo, 28 de febreiro de 2016

Imaxe interactiva

Ola a todos!

Hoxe tráiovos unha nova tarefa de informática que fixen co meu compañeiro David Fernández, que consistía en crear unha imaxe interactiva. Unha imaxe interactiva é aquela imaxe que se move ou que, ao pulsar nela, ofréceche información relacionada co punto concreto da imaxe no que pulses.

Esta foi unha das tarefas máis longas desta segunda avaliación, pero foi bastante divertida sobre todo cando David e mais eu discutíamos por escoller o mellor xogador dun equipo, que nalgúns casos é fácil pero noutros non.

Esta tarefa fixémola cun programa español chamado Genialy. Ofréceche unha infinidade de aplicacións como diseñar imaxes interactivas, presentacións, infografías, liñas de tempo... O programa está orientado cara o ensino, pero tamén se pode usar noutros ámbitos. Outra vantaxe que nos ofrecía era a de non ter que consultar videotitoriais xa que o programa inclúe os seus propios.

A nosa imaxe interactiva ofréceche información dos equipos de fútbol (que non é moi obxectiva xa que os mellores xogadores de cada equipo non son para todos os mesmos que pensamos nós) de primeira división e de que cidade son. Tamén incluímos un dos vídeos máis emocionantes desta tempada (polo menos para os galegos).

Espero que vos guste!



Ningún comentario:

Publicar un comentario