martes, 3 de novembro de 2015

Arquitectura bioclimática

A arquitectura bioclimática é aquela que consiste en deseñar edificios tendo en conta as condicións climáticas, aproveitando os recursos dispoñibles (sol, vexetación, choiva, vento) para diminuír os impactos ambientais, tentando reducir os consumos de enerxía.






As vivendas bioclimáticas usan materiais propios da natureza e aforran máis dun 60% máis que unha vivenda normal. Aínda que o custo de construción pode ser maior, pode ser rendible, xa que o incremento do prezo inicial pode chegar a amortizarse no tempo ao diminuírse os custos de operación.

Para que as vivendas bioclimáticas saian adiante, deben cumprirse uns factores que son os seguintes:

- A localización. Para aproveitar o microclima e a vexetación.
- A orientación. Para captar ben a luz solar.
- Os materiais de construción. Os da rexión, para ser fáciles de obter e máis baratos.
- A forma do edifico e distribución dos seus ocos. Para gañar calor no inverno e reducila no verán.
- A cor das paredes e teitos. Contribúen a refrixerar a vivenda.
- Elementos exteriores e complementarios. Poden ser pantallas de vexetación e pérgolas, toldos, persianas fixas e móbiles, etc.




Na nosa opinión, as vivendas bioclimáticas son moi útiles debido a que benefician no medio ambiente e fanche aforrar bastante diñeiro mensualmente. Na actualidade aínda non son moi habituais pero, co tempo, terán máis importancia e serán mais cotiás

Para acabar, deixámosvos un vídeo da aula Virtual de Tecnoloxía de 4º do IESEBA no que vos explican que é unha vivenda bioclimática e todas as súas curiosidades.

Fontes


Ningún comentario:

Publicar un comentario