martes, 24 de novembro de 2015

Domótica


A domótica é o conxunto de técnicas orientadas a automatizar unha vivenda, que integran a tecnoloxía nos sistemas de xestión enerxética, climatización ou seguridade.


Casa-rural-domótica-680x504.jpg





Que podemos domotizar?

Iluminación

Control por Presenza:
A súa función é acender ou apagar a iluminación ao detectar movemento.

Medir a luz:
Regula a iluminación para garantir unha cantidade de luz establecido co sistema de domótica.

Programación Horaria:
A iluminación estar programada para ter un menor consumo de enerxía. Coa programación horaria pódese programar o control do apagado, aceso e regulación da iluminación coa domótica segundo a hora do día.

Control Manual:
O control manual da iluminación pódese realizar a través dunha gran variedade de interfaces: pulsadores de parede, mandos a distancia, Internet, por voz...



Clima

Sistema de control manual
Poderíase, desde casa ou desde a rúa, co móbil ou desde o computador, controlar a temperatura da nosa casa. Hai dispositivos que apagan o sistema de climatización cando se abre a xanela.

Control da climatización por zonas
Cun sistema de climatización por zonas pódese controlar o sistema de refrixeración ou o chan radiante. Tamén se pode integrar no sistema persianas e toldos motorizados, e mediante o control automático, obter unha climatización pasiva que lle permita suavizar os cambios de temperatura e así aforrar no seu consumo eléctrico.

Seguridade




Protección Exterior:
Estes sistemas de protección teñen a función de detectar presenza de movemento ou obxectos estraños nos arredores da vivenda. Algúns deles son:

Sensor de Movemento:
Ten a función de detectar un sinal físico, como un movemento de calquera obxecto ou persoa, a través dun sensor interno e en consecuencia prodúcese un sinal de saída.

Barreira de Raios infravermellos:
É un sistema de raios infravermellos. Este tipo de dispositivo serve para alertar ao usuario cando se produce algunha intrusión na área externa da vivenda.

Sensor de apertura por contactos magnéticos:
Consisten nuns contactos metálicos os cales se colocan por pares nas xanelas ou portas da vivenda. Estes dispositivos activaranse se a porta ou xanela son abertas. 

Protección Interior:
Este sistema protexeranos de perigos no interior da vivenda se o sistema exterior é penetrado ou se o perigo ocorre só dentro da vivenda.

Simulador de Presenza:
Este sistema encárgase de protexer o interior do fogar mediante un sistema configurado de aceso e apagado de todas as luces da vivenda, de tal maneira que se o propietario se atópase fóra, este sistema simulará a presenza de persoas dentro da vivenda.

Sistema de vixilancia CCTV (Circuíto Pechado de Televisión):
Este sistema consiste na utilización de videocámaras para documentar o que acontece dentro dun ambiente no día e, durante a noite, mediante videocámaras infravermellas.


Pero… ata onde pode chegar a domótica?

De forma individual, cada un destes produtos son xeniais. Son fáciles de configurar e usar. O problema chega cando incorporamos diferentes produtos de diferentes fabricantes.

Por exemplo, xunto ás nosas lámpadas intelixentes conectamos un sistema de vixilancia, unha pechadura intelixente e un termostato. A menos que pertenzan ao mesmo fabricante, imos atoparnos con situacións na que haberá que ir saltando de aplicación en aplicación para controlar cada un deles, polo que nos custará o mesmo traballo ou máis.

Opinión

A nós parécennos moi interesante poder controlar, por exemplo, as luces dunha casa mediante o móbil ou un mando a distancia sen estar na casa incluso. A domótica nas nosas vivendas pódenos resultar moi útil e fácil de usar, pero aínda non temos todos os recursos necesarios para que todas as persoas poidamos de gozar deles, xa que de momento, algúns aparellos son moi caros.

Cando "as casas intelixentes" se popularicen aparecerán aínda máis formas de aforrar esforzo e cartos que agora nos parecen inalcanzables e nun futuro serán do máis normal.


Fontes

Ningún comentario:

Publicar un comentario